Mixós, Estevesiños, Monterrei

lugar da parroquia de Estevesiños, no concello de Monterrei


Mixós é un lugar da parroquia de Estevesiños, do concello de Monterrei. No ano 2008 tiña 95 habitantes.

Mixós

Mixós
ParroquiaEstevesiños
ConcelloMonterrei
Coordenadas41°57′45″N 7°27′15″O / 41.962622, -7.45409
Poboación82 hab. (2017)
editar datos en Wikidata ]

Xeografía

editar

Está situado no fondo do val de Monterrei, a unha altitude duns 420 m, ao pé da serra de San Salvador. O seu territorio agrícola foi desfigurado por unha recente concentración parcelaria[1]. Nas súas terras de labor predominan os viñedos, que ocupan terreos sen relevo destacable ao longo de toda a franxa que chega ata o río Támega.

Mixós é un asentamento de tamaño medio, cunha superficie dunhas 6,31 ha, das que 5,2 corresponden ao seu núcleo tradicional. Ten 52 vivendas, do que resulta unha densidade de 8,24 viv./ha[2].

O lugar está atravesado polo camiño de Santiago, na rota da Vía da Prata que desde Verín toma por Laza. Chégase pola estrada OU-1021 que conecta Verín e Monterrei con Laza no punto no que se cruza con outro que vai cara a Vilela.

Historia

editar
 
Igrexa de Santa María de Mixós.

O camiño que conecta Monterrei con Laza está identificado coa vía romana que conectaba os itinerarios XVII e XVIII do itinerario de Antonino, no punto no que se cruza con outros que van cara a Vilela e Vilela de Abaixo.

En 1848 tiña 50 veciños e 200 almas[3].

Constituíu parroquia de seu até 1893, cando foi incorporada a Estevesiños.[4]

No lugar está a igrexa de Santa María de Mixós, do século IX, con orixe probable nun primitivo cenobio fundado por San Martiño de Dumio no século VI. que pasou a depender posteriormente do mosteiro beneditino de Celanova. Actualmente é Ben de Interese Cultural.

Morfoloxía

editar

Núcleo tradicional

editar

O núcleo tradicional é compacto e pechado e ten unha forma redondeada en planta, cun diámetro duns 130 m aproximadamente. Distínguense dous barrios: ao norte, o que se desenvolve ás dúas bandas da rúa da Ermida; ao sur, o que arrodea o espazo baleiro que se atopa entre as traseiras da rúa do Canto e a ringleira de casas que agora dan á estrada, e que é unha posible segunda fase do crecemento do núcleo. Este espazo baleiro, hoxe parcialmente ocupado, debeu de ser antano unha aira ou un toural. A principal vía que atravesa o núcleo, o camiño que comunica Monterrei con Laza, non ten xerado tecido ao ser redor, coa soa excepción das casas que arrodean a igrexa. Isto pode ser debido á presenza do antigo mosteiro, hoxe desaparecido, que deixou un baleiro na trama que só foi ocupado por un par de casas a carón da igrexa pola súa banda norte e outras dúas pola banda sur. Tamén destaca a ausencia de espazos públicos alén dos antes descritos, á parte dos periféricos ao conxunto cenobial, e que serían subsidiarios deste.

Crecemento difuso

editar

Á marxe do núcleo tradicional téñense desenvolvido algúns aglomerados de novos edificios, principalmente vivendas, ao longo da estrada OU-1021, que obedecen a tipoloxías alleas ao contorno rural e se distribúen ao longo dun tramo duns 610 m.

Viabilidade

editar

O acceso rodado faise principalmente dende Verín e Laza, a través da estrada OU-1021, da que é titular a Deputación Provincial de Ourense. Tamén é posible a comunicación rodada cos núcleos do leste, alén do río Támega, a través das pistas da concentración parcelaria.

Galería de imaxes

editar

Lugares e parroquias

editar

Lugares de Estevesiños

editar
Lugares da parroquia de Estevesiños no concello de Monterrei (Ourense)

Estevesiños | Mixós

Parroquias de Monterrei

editar
Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Monterrei

Albarellos (Santiago) | Estevesiños (San Mamede) | Flariz (San Pedro) | Infesta (San Vicenzo) | A Madanela (Santa María) | Medeiros (Santa María) | Monterrei (Santa María) | Rebordondo (San Martiño) | San Cristovo (San Cristovo) | Vences (Santa Baia) | Vilaza (San Salvador)

  1. "Consellería de Medio Rural". Arquivado dende o orixinal o 29 de xaneiro de 2011. Consultado o 24 de xullo de 2020. 
  2. INE
  3. Madoz, P.: Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar. Tomo XI. Madrid, 1848.
  4. Fariña Jamardo, Xosé (1993). Os concellos galegos. Parte especial VI. Fundación Barrié. p. 105. ISBN 84-87819-38-9. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar