Mircea I de Valaquia

Mircea cel Bătrân, quen reinou entre 1386 e 1418, foi un dos máis importantes donos de Valaquia. O seu nome significa "Mircea o Vello", nome atribuído despois da súa morte, para distinguilo do seu neto Mircea II ("o Mozo"). Dende o século XIX, a historiografía romanesa chámao "Mircea cel Mare" ("Mircea o Grande").[1]

Infotaula de personaMircea I de Valaquia

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1355 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Curtea de Argeș, Romanía (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte31 de xaneiro de 1418 Editar o valor em Wikidata (62/63 anos)
Curtea de Argeș, Romanía (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCozia Monastery (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Príncipe da Valáquia (pt) Traducir
xaneiro de 1397 – 31 de xaneiro de 1418
← Nenea (en) TraducirMiguel I da Valáquia (pt) Traducir →
Príncipe da Valáquia (pt) Traducir
23 de setembro de 1386 – novembro de 1394
← Dan I da Valáquia (pt) TraducirNenea (en) Traducir → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeWallachia (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
RelixiónCristianismo ortodoxo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmilitar Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua romanesa Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rango militarvoivoda (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
FamiliaDinastia Bassarabe (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
CónxuxeMaria Tolmay (en) Traducir
Maria Jagiellon (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
FillosAlexandre I da Valáquia (pt) Traducir
 ()
Radu II da Valáquia (pt) Traducir
 ()
Miguel I da Valáquia (pt) Traducir
 () Maria Jagiellon (en) Traducir
Vlad II Dracul (pt) Traducir
 () ? (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisRadu I da Valáquia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Kalinikia (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsDan I da Valáquia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Basarab-10
Mircea cel Bătrân.

Mircea foi o fillo do voivoda Radu I e de Dona Calinica, descendente da Casa de Basarab.

As fronteiras de Valaquia mudaron a través da historia, sendo durante o reinado de Mircea, cando Valaquia comprendeu a súa meirande área en tempos medievais: dende o río Olt no norte até o río Danubio no sur, e dende as "Portas de Ferro" no oeste até o mar Negro no leste.

Mircea fortaleceu o poder do estado e organizou varios oficios, promoveu o desenvolvemento económico, aumentou os ingresos do estado, e acuñou moedas de prata que circularon tamén nos países veciños. Ofreceu aos comerciantes de Polonia e Lituania privilexios e renovou os privilexios que os seus antecesores deran aos habitantes de Braşov. Mircea permitiuse deste xeito aumentar o seu poder militar. Fortificou as fortalezas do Danubio e "o exército grande", composto de cidadáns e de campesiños libres ou dependentes. Apoiou tamén á Igrexa.

Mentres organizaba o seu país, coidouse de formar un sistema de alianzas que lle permitise defender a independencia do país. A través do intermediario Petru Muşat, príncipe de Moldavia, concluíu en 1389 un tratado de alianza con Ladislau II de Polonia, o rei de Polonia. O tratado foi renovado en 1404 e 1410. Mantivo relacións estreitas con Sexismundo de Luxemburgo, rei de Hungría, baseándose no seu interese común de loitar contra a expansión otomá.

As súas intervencións para apoiar aos pobos cristiáns do sur do Danubio, que estaban a loitar contra os turcos, causaron o seu enfrontamento co Imperio Otomán. En 1394 Bayezid I ("o Lóstrego") pasou o Danubio con 40.000 homes, un continxente impresionante na época. Mircea tiña 10.000 homes, así que non era conveniente unha batalla en campo libre. Elixiu o que hoxe se chamaría unha guerra tipo "guerrilla", deixando ao exército contrario sen alimentos e usando ataques e retiradas frecuentes (un exemplo típico de guerra asimétrica). No 10 de outubro de 1394, os dous exércitos enfrontáronse na Batalla de Rovine, nun terreo con bosques e pantanos, que impediu aos otománs espallar o seu exército; os otománs non conseguiron derrotar ao exército de Mircea. Esta batalla foi invocada no poema de Mihai Eminescu, "A terceira epístola".

Apoiado por Sexismundo de Luxemburgo, Mircea derrotou tamén a Vlad Uzurpatorul, monicreque do sultán otomán, quen pretendía o seu trono. En 1396 Mircea participou nunha cruzada anti-otomá, organizada polo monarca húngaro. A cruzada rematou coa vitoria otomá na Batalla de Nicópole, no 25 de setembro. O ano seguinte, en 1397, Mircea obstaculizou outra expedición otomá que tentaba cruzar o Danubio, e en 1400 derrotou unha expedición turca que tentaba cruzar o seu país.

Valaquia durante o reinado de Mircea cel Bătrân (1406)

A derrota de Bayezid I por Timur Lenk en Ancara, no verán de 1402, abriu un período de anarquía no Imperio Otomán, e Mircea aproveitouse para organizar xunto co rei de Hungría unha campaña en contra dos turcos. En 1404 Mircea foi capaz de conseguir de novo o mando en Dobruia. Máis aínda, Mircea participou nas loitas para o trono do Imperio Otomán, apoiando a Musa, quen chegou a reinar por un curto período. Foi o auxe do poderío do príncipe.

"O máis valente e máis hábil dos príncipes cristiáns", como o describiu o historiador alemán Leunclavius, Mircea gobernou Valaquia por 32 anos. Á parte dos seus logros militares, Mircea foi un amante da arte, deixando entre outros monumentos o fermoso Mosteiro Cozia, construído segundo o modelo da Igrexa Krusevac en Serbia.

Predecesor:
Dan I
Príncipe de Valaquia
1386-1418
Sucesor:
Mihail I

Notas editar

  1. Hasdeu, p. 130; Xenopol, p, 89; Iorga, p. III