Millo doce
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2015.) |
O millo doce (Zea mays L. var. rugosa[1] ou tamén Zea mays convar. saccharata var. rugosa) (coñecido en inglés coma sweet corn) é unha variedade de millo con elevado contido en azucre. Malia a importancia do millo coma alimento en Galiza dende a súa chegada das Américas, o millo doce non forma parte da gastronomía tradicional galega, tendo sido popularizado hai uns anos maioritariamente en conserva (non tanto en carozo), e incorporado principalmente a ensaladas. É, porén, moi popular noutras culturas, especialmente nos Estados Unidos de América.
Valor nutricionalEditar
Valor nutricional por 100 g | |
---|---|
Enerxía | 360 kJ (86 kcal) |
19.02 g | |
Azucres | 3.22 g |
Fibra alimentaria | 2.7 g |
1.18 g | |
3.2 g | |
Triptófano | 0.023 g |
Treonina | 0.129 g |
Isoleucina | 0.129 g |
Leucina | 0.348 g |
Lisina | 0.137 g |
Metionina | 0.067 g |
Cistina | 0.026 g |
Fenilalanina | 0.150 g |
Tirosina | 0.123 g |
Valina | 0.185 g |
Arxinina | 0.131 g |
Histidina | 0.089 g |
Alanina | 0.295 g |
Ácido aspártico | 0.244 g |
Ácido glutámico | 0.636 g |
Glicina | 0.127 g |
Prolina | 0.292 g |
Serina | 0.153 g |
Vitaminas | Cantidade %DV† |
Vitamina A equiv. | 1% 9 μg |
Tiamina (B1) | 17% 0.200 mg |
Niacina (B3) | 11% 1.700 mg |
Ácido fólico (B9) | 12% 46 μg |
Vitamina C | 8% 6.8 mg |
Minerais | Cantidade %DV† |
Ferro | 4% 0.52 mg |
Magnesio | 10% 37 mg |
Potasio | 6% 270 mg |
Outros constituíntes | Cantidade |
Auga | 75.96 g |
unha mazaroga media (17 a 19 longo) con 90 g de sementes | |
| |
†As porcentaxes son aproximadas empregando a recomendación de US para os adultos. Fonte: Base de datos USDA Nutrient |
O gran do millo doce é o resultado dunha mutación nos xenes que controlan a conversión do azucre en amidón no endosperma (tecido de reserva). As mazarocas de millo doce son apañadas nunha etapa precoz do seu crecemento (estadio leitoso). A maduración do gran produce a conversión do azucre en amidón, polo que o millo doce se conserva pouco tempo e se come fresco, ou ben se comercializa enlatado ou conxelado, antes de que os grans endurezan e se tornen ricos en amidón.
HistoriaEditar
O millo doce foi froito dunha mutación espontánea de millo e cultivado por varias nacións amerindias. Os iroqueses xa cultivaban o primeiro millo doce rexistrado, chamado Papoon, o cal adquiriron os colonos europeos en 1779.[2] E xa dende moi cedo foi un cereal popular nas rexións do sur e do centro dos Estados Unidos de América.
As súas variedades de polinización aberta estiveron amplamente dispoñíbeis nos EUA no século XIX. Dúas das máis antigas variedades, aínda están hoxe en día á venda: Country Gentleman, con ringleiras brancas en fileiras irregulares, e Stowell's Evergreen.
A produción no século XX estivo influenciado polos desenvolvementos a seguir:
- a hibridación permitiu unha maduración máis uniforme, mellorando a calidade e maila resistencia a enfermidades
- a identificación dos xenes mutados responsábeis da dozura, e a habilidade para mellorar variedades baseadas nestas características:
- su (doce normal)
- se (doce mellorado, orixinalmente denominado Everlasting Heritage)
- sh2 (shrunken-2)[3]
Actualmente hai centenares de variedades, e constantemente se desenvolven máis.
NotasEditar
- ↑ Erwin, A. T. (1951). "Sweet Corn—Mutant or historic species?". Economic Botany (Springer New York) 5 (3): 302.
- ↑ "Sweet Corn Production." Jonathan R. Schultheis, North Carolina Cooperative Extension Service, North Carolina State University. Revisado decembro de 1994. [1] Arquivado 13 de xullo de 1997 en Wayback Machine.
- ↑ Levey Larson, Debra (2003). "Supersweet sweet corn: 50 years in the making". Inside Illinois (University of Illinois at Urbana-Champaign) 23 (3). Arquivado dende o orixinal o 12 de outubro de 2008. Consultado o 2009-09-03.