Mick Moloney

músico estadounidense

Michael Moloney, nado en Limerick, Irlanda, o 15 de novembro de 1944 e finado o 27 de xullo de 2022, foi un músico e estudoso estadounidense de orixe irlandesa.[1] Foi o director artístico de varias xiras artísticas importantes e cofundou Green Fields of America.[2]

Modelo:BiografíaMick Moloney

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Michael Moloney Editar o valor en Wikidata
15 de novembro de 1944 Editar o valor en Wikidata
Limerick, Irlanda Editar o valor en Wikidata
Morte27 de xullo de 2022 Editar o valor en Wikidata (77 anos)
EducaciónUniversidade de Pensilvania Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmúsico Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1964 Editar o valor en Wikidata - 2022 Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoFolk Editar o valor en Wikidata
InstrumentoVoz, Banjo, Mandolina, Octave mandolin (en) Traducir e guitarra Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteMick Moloney, Musician and Champion of Irish Culture, Dies at 77 (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Sitio webmickmoloney.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0597230 Musicbrainz: d179fe22-0c20-410f-bfa5-5903f1953e9c Songkick: 472718 Discogs: 787330 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Primeiros anos

editar

O seu pai, Michael Moloney Sr., era xefe de control de tráfico aéreo do aeroporto de Shannon; a súa nai, Maura, traballaba como directora dunha escola primaria de Limerick. Moloney tocou por primeira vez o banxo tenor durante a súa adolescencia.[1] Estudou no University College Dublin, graduándose en economía.[3] Despois trasladouse a Londres para ser un traballador social que axudaba ás comunidades de inmigrantes, antes de unirse a The Johnstons.[3] Despois de tocar co grupo durante cinco anos, emigrou aos Estados Unidos en 1973. Inicialmente instalouse en Filadelfia e finalmente chegou a ser cidadán estadounidense.[3]

Carreira

editar

Tres anos despois de se mudar aos EUA, Moloney cofundou Green Fields of America, un conxunto de músicos, cantantes e bailaríns irlandeses que realizou xiras por Estados Unidos en varias ocasións. Tamén foi director artístico de varias xiras artísticas importantes. Un deles foi o festival de 1985 en Manhattan titulado "Cherish the Ladies" para destacar as mulleres na área da música tradicional irlandesa, que fora dominada polos homes até esa década.[1] Produciu un álbum para o grupo feminino co mesmo nome titulado Irish Women Musicians in America . A líder do grupo, Joanie Madden, foi unha das futuras bolseiras da National Endowment for the Arts (NEA) que contou coa orientación de Moloney.[3] Produciu e interpretou en máis de 70 álbums e serviu como asesor de numerosos festivais e concertos en toda América,[2] co etnomusicólogo e músico Daniel T. Neely que acada a cifra de 125 álbums.[3]

Moloney realizou estudos de posgrao na Universidade de Pensilvania, obtivo un máster antes de ser doutor en Filosofía, centrando a súa tese en folklore and folk life (folclore e vida folclórica) en 1992. Ensinou etnomusicoloxía e estudos irlandeses na Universidade de Penn, Georgetown e Villanova.[2] Tamén foi profesor distinguido de música e estudos irlandeses na Universidade de Nova York até a súa xubilación.[3] En recoñecemento ao seu traballo no folclore público, recibiu en 1999 a National Heritage Fellowship da NEA.[1]

Obra escrita e audiovisuais

editar

Ademais da interpretación musical, Moloney escribiu Far From the Shamrock Shore: The Story of Irish American History Through Song, publicado por Crown Publications en febreiro de 2002 cun CD suplementario en Shanachie Records.[4] Foi anfitrión de tres series sindicadas a nivel nacional que cubrían música folk na American Public Television.[5] Traballou como consultor, intérprete e entrevistado no especial de RTÉ Bringing It All Back Home, e tamén foi participante, consultor e arranxador musical de Out of Ireland, un documental de PBS. Moloney actuou no especial da PBS The Irish in America: Long Journey Home.[6]

Vida persoal e morte

editar

Casou tres veces ao longo da súa vida. O seu primeiro matrimonio foi con Miriam Murphy. O seu segundo matrimonio foi con Philomena Murray. Xuntos, tiveron un fillo. Após o seu divorcio, casou con Judy Sherman, matrimonio que tamén terminou en divorcio.[7][8] Convivía coa súa parella Sangjan Chailungka no momento da súa morte. Durante os seus últimos anos, dividiu o seu tempo entre Greenwich Village [3][2] e Bangkok, onde residiu con Chailungka. Alí, foi voluntario como musicoterapeuta e profesor para nenos abandonados con VIH no Mercy Center dos barrios pobres de Khlong Toei, fundado polo sacerdote redentorista Joseph H. Maier.[3]

No seu pasamento, o New Yok Times destacou:

Mr. Moloney was passionate about exploring the connections between Irish, African, Galician and American roots music and organized many concerts and lectures highlighting those synergies.

O Sr. Moloney foi un apaixonado por explorar as conexións entre a música de raíz irlandesa, africana, galega e americana e organizou moitos concertos e conferencias destacando esas sinerxías.

[3]

Moloney morreu o 27 de xullo de 2022, na súa casa de Manhattan, despois de tocar no Maine Celtic Festival menos dunha semana antes. Tiña 77 anos; non se anunciou a causa da morte.[9]

Premios

editar
  • 1999 National Heritage Fellowship [3]
  • 2000 Pew Fellowships in the Arts [10]
  • 2013 Presidential Distinguished Service Awards for the Irish Abroad (Premios Presidenciais ao Servizo Distinguido de 2013 para os irlandeses no estranxeiro) [11] [12]
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "Mick Moloney". www.arts.gov (en inglés). Consultado o 2023-03-12. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Davison, Phil (29 de xullo de 2022). "Mick Moloney, champion of Irish music, dies at 77". washingtonpost.com (en inglés). Consultado o 12 de marzo de 2023. 
  3. 3,00 3,01 3,02 3,03 3,04 3,05 3,06 3,07 3,08 3,09 Schweitzer, Vivien (2022-08-01). "Mick Moloney, Musician and Champion of Irish Culture, Dies at 77". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2023-03-12. 
  4. Moloney, Mick (2002). Far from the Shamrock Shore: The Story of Irish-American Immigration Through Song (en inglés). Crown Books. ISBN 978-0-609-60720-6. 
  5. "If It Wasn't for the Irish and the Jews: Irish and Jewish Influences on the Music of Vaudeville and Tin Pan Alley". Library of Congress, Washington, D.C. 20540 USA. Consultado o 2023-03-12. 
  6. Byrne, James Patrick; Coleman, Philip; King, Jason Francis (2008). Ireland and the Americas: Culture, Politics, and History : a Multidisciplinary Encyclopedia (en inglés). ABC-CLIO. ISBN 978-1-85109-614-5. 
  7. "Mick Moloney obituary: Accomplished musician and folk music academic who had a huge influence in preserving and enhancing traditional music". independent (en inglés). Consultado o 2023-03-12. 
  8. "Mick Moloney obituary: Banjo player and scholar with a driving passion for traditional and folk music". The Irish Times (en inglés). Consultado o 2023-03-12. 
  9. "Mick-Moloney-traditional-irish-musician-and-scholar-passes-away-at-77-death". snbc13.com. 
  10. "2000 Grants - GRANT". The Pew Center for Arts & Heritage (en inglés). 2016-11-30. Consultado o 2023-03-12. 
  11. "2013 Presidential Distinguished Service Awards - Department of Foreign Affairs". www.dfa.ie. Consultado o 2023-03-12. 
  12. "Winners of Presidential awards for Irish abroad named". The Irish Times (en inglés). Consultado o 2023-03-12. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar