Michel Eugène Chevreul
Michel Eugéne Chevreul, nado en Angers o 31 de agosto de 1786 e finado en París o 9 de abril de 1889, foi un químico francés.
Michel Eugène Chevreul | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 31 de agosto de 1786 |
Lugar de nacemento | Angers |
Falecemento | 9 de abril de 1889 |
Lugar de falecemento | París |
Soterrado | Cemetery of L'Haÿ-les-Roses |
Nacionalidade | Francia |
Relixión | catolicismo |
Ocupación | químico e físico |
Pai | Michel Chevreul |
Premios | Gran cruz da Lexión de Honor, Medalla Copley, Albert Medal, Fellow of the American Academy of Arts and Sciences, Foreign Member of the Royal Society e os 72 nomes na Torre Eiffel |
Na rede | |
![]() | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Foi profesor de Química Orgánica e director de tintotería na manufactura dos Gobelinos. Máis tarde (1864) director do Museo de Historia Natural de París. Investigou sobre os corpos graxos de orixe animal e elaborou unha teoría a saponificación. As súas investigacións sobre a composición das graxas aplicounas na fabricación de buxías e xabróns. Foi tamén o descubridor dos ácidos esteárico e oléico. Entre as súas obras deben destacarse "Leçons de Chimie appliquée à la teinture" e "Des couleurs et de leurs applications aux arts industriels".
Pero sobre todo é máis coñecido polas súas teorías sobre as cores nas que se inspiraron os pintores impresionistas. Enunciou a lei do contraste simultáneo das cores, máis tarde explorada polos propios impresionistas e postimpresionistas e desenvolvida por artistas como Josef Albers.
Gañou a Medalla Copley en 1857.
Véxase taménEditar
- Círculo cromático
- Teoría da cor
- J. W. von Goethe
- Isaac Newton
- Impresionismo
- Josef Albers
- Johannes Ittens
- Bauhaus
- Wassily Kandinsky
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Michel Eugène Chevreul |