Antoine César Becquerel
Antoine César Becquerel, nado en Chatillon sur Loing en 1788 e finado en 1878, foi un físico francés.
Antoine César Becquerel | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 7 de marzo de 1788 |
Lugar de nacemento | Châtillon-Coligny |
Falecemento | 18 de xaneiro de 1878 |
Lugar de falecemento | París |
Nacionalidade | Francia |
Alma máter | Escola Politécnica |
Ocupación | físico, profesor universitario, enxeñeiro, político e químico |
Fillos | Alexandre Edmond Becquerel |
Premios | Medalla Copley, comendador da Lexión de Honor, Foreign Member of the Royal Society e os 72 nomes na Torre Eiffel |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Estudou na École polytechnique e converteuse en oficial de enxeñeiros en 1808. Entre 1810 e 1812 serviu coas tropas imperiais en España co xeneral Louis Gabriel Suchet. En 1814 deixou o exército para centrarse na investigación científica.
En 1819 descubriu a piezoelectricidade. En 1825 inventou un galvanómetro diferencial para a medición exacta da resistencia eléctrica. En 1829 descubriu, coa axuda do seu fillo A.E. Becquerel, o efecto fotoeléctrico nun eléctrodo inmerso nun líquido condutivo.
En bioquímica traballou nos problemas da calor animal e nos fenómenos que acompañan ao medre das plantas, e tamén dedicou moito tempo a problemas e observacións meteorolóxicos.
Foi profesor de física no Museo de Historia Natural de París dende 1837.
O seu neto Henri Becquerel descubriu a radioactividade.
Obra escritaEditar
Foi un escritor prolífico, autor de máis de cincocentos artigos e libros. Entre eles cóntanse os seguintes:
- Traité de l'électricité et du magnétisme (1834-1840).
- Traité de physique dans ses rapports avec la chimie (1842).
- Elements de électro-chimie (1843).
- Traité complet du magnétisme (1845).
- Elements de physique terrestre et de météorologie (1847).
- Des climats et de l'influence qu'exercent les sols boisés et non boisés (1853).
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Antoine César Becquerel |