Charles Frédéric Gerhardt

químico francés

Charles Fréderic Gerhardt, nado en Estrasburgo o 21 de agosto de 1816 e finado na mesma cidade o 19 de agosto de 1856, foi un químico alsaciano.

Modelo:BiografíaCharles Frédéric Gerhardt

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento21 de agosto de 1816 Editar o valor en Wikidata
Estrasburgo, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte19 de agosto de 1856 Editar o valor en Wikidata (39 anos)
Estrasburgo, Francia Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCimetière Sainte-Hélène de Strasbourg (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Karlsruhe (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Director de teseJustus von Liebig Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoQuímica Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónquímico, profesor universitario Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Montpellier Editar o valor en Wikidata
ProfesoresMichel Eugène Chevreul Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteSvensk Uppslagsbok (pt) Traducir
Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Жерар Шарль Фредерик)
Enciclopedia Xudía de Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Formación

editar

Naceu en Estrasburgo, onde estudou na escola secundaria (gymnasium) e despois continuou estudos en Karlsruhe, Leipzig e Gießen (Hesse)[1].

Volvendo a casa en 1834, entrou na fábrica de chumbo branco do seu pai, pero o negocio non era do seu gusto, e aos 20 anos alistouse nun rexemento de cabalería. En poucos meses a vida militar tornouse igualmente desagradable, e comprou a súa baixa coa axuda do químico alemán Justus von Liebig. Despois dun curto período de vida en Dresde, foi á Universidade de Gießen no centro de Alemaña en 1836 para estudar e traballar no laboratorio de von Liebig. A súa estancia en Giessen durou 18 meses, e en 1837 volve entrar na fábrica. Con todo, pelexou co seu pai, e en 1838 foi a París con recomendacións de Liebig.

Traballos, investigación e docencia

editar

En París traballou no laboratorio de Michel Eugène Chevreul [1] e con Auguste Cahours facendo aceites esenciais, especialmente con comiño; mentres tanto gañaba a vida precariamente ensinando e facendo traducións dalgúns escritos de Liebig. En 1841, por influencia de Jean Baptiste Dumas foi encargado das funcións de profesor de Química na facultade de ciencias de Montpellier, converténdose en profesor titular en 1844.[1] Obtivo unha excedencia en 1848 para proseguir sen interrupción as súas investigacións, e desde ese ano até 1855 residiu en París. Durante ese período estableceu unha École de chimie pratique ("Escola de química práctica") na que tiña grandes esperanzas. Non obstante, estas esperanzas quedaron decepcionadas, e en 1855, despois de rexeitar a oferta dunha cátedra de química na nova Politécnica de Zúrich en 1854, aceptou as cátedras de química na Facultade de Ciencias e na École Polytechnique de Estrasburgo, onde morreu ao ano seguinte,[1] acabando de comprobar as probas para o volume final do seu Traité de chimie organique (4 vols., París, 1853–56), a súa obra mestra. Esta última obra encarna todas as súas ideas e os seus descubrimentos.

Gerhardt é coñecido polo seu traballo na reforma da notación de fórmulas químicas (1843 - 1846). Tamén traballou con anhídridos carboxílicos e sintetizou ácido acetilsalicílico, aínda que nunha forma inestable e impura.

Gerhardt é frecuentemente relacionado co seu contemporáneo Auguste Laurent, con quen compartía un forte e influente interese pola combinación química.

  • Treat de Chimie Organique (4 vols.)
  • 1838. «Ueber einige Stickstoffverbindungen des Benzoyls», en Justus Liebigs Annalen der Chemie (1838).
  • Recherches chimiques sur les huiles essentielles: Premier Mémoire présenté à l'Académie des sciences, le 30 novembre 1840, ed. de Bachelier (1841).
  • Recherches sur l'hellénine, principe concret de la racine d'aulnée et sur quelques composés congénères (tese de doutoramento en ciencias, Univ. de París, 6 de abril de 1841), Gratiot et Cie. París,[2]
  • «Untersuchungen über die organischen Basen» en Liebigs Ann. Chem. (1842).
  • «Ueber salpetersäure und salpetrigsäure Salze», en J. für Praktische Chemie (1846)
  • «Recherches sur les acides organiques anhydres», en Ann. Chim. Phys. (1853)
  • «Recherches sur as amides», con L. Chiozza, en Comptes rendus de l'Académie des sciences (1853)
  • «Ueber die Einwirkung des Phosphorsuperchlorids auf einige Amide», en Liebigs Ann. Chem. (1858)

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar