Mesoplodon hectori

Mesoplodon hectori, coñecido na bibliografía internacional co nome de zifio de Hector, é unha especie de mamífero cetáceo odontoceto da familia dos zifíidos e subfamilia dos zifioideos,[2][3] unha das quince integradas hoxe no xénero Mesoplodon.[4]

Mesoplodon hectori

Mesoplodon hectori varado

Comparación co tamaño dun humano medio
Comparación co tamaño dun humano medio

Estado de conservación
Datos insuficientes[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata[
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Orde: Cetacea
Suborde: Odontoceti
Superfamilia: Ziphioidea
Familia: Ziphiidae
Xénero: Mesoplodon
Especie: M. hectori
Nome binomial
Mesoplodon hector
(Gray, 1871)
Área de distribución de Mesoplodon hectori
Área de distribución de Mesoplodon hectori

Área de distribución de Mesoplodon hectori
Sinonimia
Véxase o texto

Tratase dun pequeno zifio que rara vez se ten visto na natureza. Tan só se observou un exemplar vivo no mar, que se encontraba en augas pouco profundas (cousa atípica para esta especie), cerca da costa de Australia Occidental.[5] (Gales et al. 2002).

Taxonomía editar

Descrición editar

A especie foi descrita en 1871 polo naturalista británico John Edward Gray, baixo o nome de Berardius hectori, nun traballo publicado en Ann. Mag. Nat. Hist. ser. 4, 8: 117.[2]

Etimoloxías editar

Para a do xénero ve Mesoplodon.

O epíteto específico, hectori, é unha homenaxe co que Gray dedicou a Sir James Hector, o fundador do museo colonial de Wellington, Nova Zelandia.

Sinónimos editar

Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:[2]

  • Berardius hectori Gray, 1871 (basónimo)
  • Mesoplodon hectori Flower, 1878
  • Mesoplodon knoxi Hector, 1873
  • Paikea hectori Oliver, 1922

Nota taxonómica editar

Algúns espécimes que apareceron varados ma costa de California a finais da década de 1990 foron considerados como membros desta especie, pero en 2020 demostrouse que eran dunha nova especie, o zifio de Perrin.[6] (Texto completo en PDF).

Características editar

O zifio de Hector ten un corpo delgado, coa cabeza pequena e o fociño curto; o melón está pouco desenvolvido. Presenta dous sucos ventrais, en forma de "V", na zona da garganta. As aletas pectorais son curtas, a dorsal, situada no terzo posterior do dorso, ten unha base triangular, é pequena e lixeiramente falciforme.[7]

Respecto á dentame, presenta un dente moderadamente pequeno, aplanado e de forma triangular, situado no extremo de cada mandíbula; estes dous dentes só son visíbeis nos machos adultos, aínda coa boca pechada.[7]

A súa coloración de gris escura a parda na rexión dorsal, desde o melón até o pedúnculo caudal; os flancos, o fociño e a rexión ventral van da cor gris clara a branca. Os machos adultos presentan coloración branca no fociño e na cara inferior da aleta caudal.[8]

Pode alcanzar os 4,2 m de lonxitude (1,9 m ao nacer), e un peso de 1 a 2 t.[7]

Distribución, hábitat e bioloxía editar

O zifio de Hector habita en augas temperadas e frías do hemisferio sur, entre aproximadamente os 35° e os 55° S.[9][10] A maioría dos rexistros son de Nova Zelandia, pero tamén hai informes de [Australia]], Tasmania, Suráfrica e o sur da América do Sur, incluíndo as Illas Malvinas e a Terra do Fogo, polo que se suxire unha área de distribución circumpolar.

Practicamente non se sabe nada sobre o zifio de Héctor. A partir da situación dos poucos varamentos encontrados, a maioría cerca de illas oceánicas ou en áreas con plataformas continentais estreitas, pódese inferir que esta especie normalmente se encontra só en augas profundas máis alá do noiro continental, ao igual que outros membros do xénero Mesoplodon.[1]

Sábese pouco da súa dieta, pero suponse que se alimenta de luras, probabelmente de pequenas luras mesopelágicas, e de pequenos peixes, como a maioría dos outros zifios.[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Pitman, R. L. & Brownell Jr., R. L. (2020): Mesoplodon hectori na Lista vermella da UICN. Versión 2020-3. Consultada o 3 de xaneiro de 2021.
  2. 2,0 2,1 2,2 Mesoplodon hectori (Gray, 1871) no WoRMS. Consultado o 3 de xaneiro de 2021.
  3. Mesoplodon hectori (Gray, 1871 en MSW. Consultado o 3 de xaneiro de 2021.
  4. Masoplodon Gervais, 1850 no WoRMS. Consultado o 3 de xaneiro de 2021.
  5. Gales, N. J., Dalebout, M. L. & Bannister, J. L. (2002): "Genetic identification and biological observation of two free-swimming beaked whales: Hector's beaked whale (Mesoplodon hectori, Gray 1871), and Gray's beaked whale (Mesoplodon grayi, von Haast, 1876). Marine Mammal Science 18 (2): 544-551.
  6. Dalebout, M. L.; J. G. Mead, C. Scott Baker, A. N. Baker & A. L. van Helden. (2002). "A new species of beaked whale Mesoplodon perrini sp. n. (Cetacea: Ziphiidae) discovered through phylogenetic analyses of mitochondrial DNA sequences". Marine Mammal Science 18: 577-608.
  7. 7,0 7,1 7,2 Hector's Beaked Whale. Mesoplodon hectori Arquivado 11 de marzo de 2007 en Wayback Machine. en sci.tamucc.edu (en inglés).
  8. Cappozzo, H. L.; Negri, M. F.; Mahler, B.; Lia, V. V.; Martinez, P.; Gianggiobe, A.; Saubidet, A. (2005). "Biological data on two Hector's beaked whales, Mesoplodon hectori , stranded in Buenos Aires province, Argentina". Latin American Journal of Aquatic Mammals 4 (2): 113–128. 
  9. Mead, J. G. (1989): "Beaked whales of the genus Mesoplodon. En: S. H. Ridgway & R. Harrison, eds. Handbook of marine mammals, Vol. 4: River dolphins and the larger toothed whales. Cambridge, Massachusetts, USA: Academic Press. ISBN 978-0-1258-8504-1, pp. 349-430.
  10. Van Waerebeek, K., Leaper, R., Baker, A. N., Papastavrou, V., Thiele, D., Findlay, K., Donovan, G. & Ensor, P. (2010): "Odontocetes of the Southern Ocean Sanctuary". Journal of Cetacean Research and Management 11: 315-346.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar