Megafauna do Plistoceno

A megafauna do Plistoceno é o conxunto de grandes animais (megafauna) que viviron na Terra durante a época do Plistoceno.[1][2] A maior parte da megafauna do Plistoceno fóra de África extinguiuse durante o evento de extinción do Cuaternario durante o Plistoceno superior, causando cambios substanciais nos ecosistemas a nivel mundial.

Recreación dunha escena do Plistoceno tardío no norte da Península Ibérica, por Mauricio Antón.
Esqueleto de Megatherium americanum conservado no Museo Nacional de Historia Natural, en París.

Terminoloxía

editar

A definición precisa de megafauna é obxecto de discusión e non se acadou un consenso, aínda que unha definición común é calquera animal cun peso corporal adulto de máis de 45 quilogramos (99 libras).

Fauna do Plistoceno en América

editar

América do Norte e América do Sur foi o fogar de preguiceiros terrestres, o oso de cara curta (Arctodus simus), diversas especies de tapires, Tayassuidae, o león americano, tartarugas xigantes, Miracinonyx, tigres con dentes de sabre como Smilodon e Homotherium (Machairodontinae), entre outros.

Fauna do Plistoceno en Eurasia

editar
 
Detalle da Cova de Lascaux.

Como no caso de América do Sur, Eurasia tiña parte da súa fauna en común coa de América do Norte. En Europa e Asia, destacaron o mamut laúdo, o elefante con presas rectas (Palaeoloxodon antiquus), o uro (Bos primigenius), o bisonte das estepas, o rinoceronte laúdo, o rinoceronte das estepas, o Elasmotherium, o león das cavernas, o oso das cavernas, megaloceros e moitos outros.

Hoxe en día, os maiores mamíferos europeos son o bisonte europeo (que só subsiste en algunhas rexións de Polonia) e o oso pardo.

Extincións insulares

editar

Varias illas tiveron faunas únicas que se extinguiron logo da chegada dos humanos, incluíndo mamuts laúdos ananos, aves xigantes como os moas, e diversas especies de hipopótamos e elefantes ananos.

Teorías sobre as extincións

editar

As teorías propostas para explicar estas extincións inclúen a caza por humanos, aínda que o papel dos humanos na extinción da megafauna do Plistoceno é controvertido.[3][4][5] Tamén se propuxeron as hipóteses de cambios climáticos e impactos de asteroides. Estes factores non son mutuamente excluíntes e varios deles puideron ter influído simultaneamente.

Galería de imaxes

editar

Megafauna de América

editar

Megafauna de Eurasia

editar
  1. Malhi, Yadvinder; Doughty, Christopher E.; Galetti, Mauro; Smith, Felisa A.; Svenning, Jens-Christian; Terborgh, John W. (2016-01-26). "Megafauna and ecosystem function from the Pleistocene to the Anthropocene" (en inglés) 113 (4): 838–846. Bibcode:2016PNAS..113..838M. ISSN 0027-8424. PMC 4743772. PMID 26811442. doi:10.1073/pnas.1502540113. 
  2. Gill, Jacquelyn L.; Williams, John W.; Jackson, Stephen T.; Lininger, Katherine B.; Robinson, Guy S. (2009-11-20). "Pleistocene Megafaunal Collapse, Novel Plant Communities, and Enhanced Fire Regimes in North America" (en inglés) 326 (5956): 1100–1103. Bibcode:2009Sci...326.1100G. ISSN 0036-8075. PMID 19965426. doi:10.1126/science.1179504. Arquivado dende o orixinal o 2022-05-20. Consultado o 2022-05-19. 
  3. Cooper, Alan; Turney, Chris; Hughen, Konrad A.; Brook, Barry W.; McDonald, H. Gregory; Bradshaw, Corey J. A. (2015-08-07). "Abrupt warming events drove Late Pleistocene Holarctic megafaunal turnover" (en inglés) 349 (6248): 602–606. Bibcode:2015Sci...349..602C. ISSN 0036-8075. PMID 26250679. doi:10.1126/science.aac4315. 
  4. Vignieri, S. (2014-07-25). "Vanishing fauna (Special issue)" 345 (6195): 392–412. Bibcode:2014Sci...345..392V. PMID 25061199. doi:10.1126/science.345.6195.392. Aínda que persiste certo debate, a maior parte da evidencia suxire que os humanos foron responsábeis da extinción desta fauna do Plistoceno, e hoxe seguimos a impulsar a extinción de animais mediante a destrución de terras silvestres, o consumo de animais como recurso ou luxo e a persecución de especies que vemos como ameazas ou competidores. 
  5. Sandom, Christopher; Faurby, Søren; Sandel, Brody; Svenning, Jens-Christian (2014-06-04). "Global late Quaternary megafauna extinctions linked to humans, not climate change" 281 (1787): 20133254. PMC 4071532. PMID 24898370. doi:10.1098/rspb.2013.3254. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar

----

 
 Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.