Elasmotherium sibiricum
O elasmoterio (Elasmotherium sibiricum, gr. ‘besta da chaira siberiana’) é unha especie extinta de mamífero perisodáctilo da familia Rhinocerotidae.
Elasmoterio Rango fósil: Plistoceno | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||||
Extinto en época prehistórica | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Distribución de E. sibiricum durante o Plistoceno medio e superior
|
Foi un enorme rinoceronte do continente asiático e algúns especialistas afirman que puido ser a orixe da lenda do mítico unicornio, pois tiña un só corno de dous metros de longo, puntiagudo e excepcionalmente groso, produto da fusión dos dous cornos habituais nos rinocerontes. Debido a iso, tamén se lle adoita chamar unicornio xigante ou unicornio siberiano.[2]
Hábitat e alimentación
editarO elasmoterio viviu durante o Plistoceno nas estepas de Rusia e Asia Central, ó sur das áreas ocupadas polo seu contemporáneo o rinoceronte laúdo, onde se alimentaba de herbas. Os dentes, semellantes ós dun cabalo, identifícano inequivocamente como un pastador especializado.[3]
Extinción
editarOs elasmoterios desaparecen do rexistro fósil a finais do Plistoceno, hai uns 10 000 anos, xunto con gran parte da megafauna do hemisferio norte, polo que se considera esa como a data máis probable da súa extinción. Porén, hai quen afirman que algunhas poboacións puideron sobrevivir algúns milenios máis, dando lugar a algunhas bestas do folclore das estepas de Eurasia.
Notas
editar- ↑ Petrova, Ekaterina (2010). "New data about the skull of the Elasmotherium sibiricum.". En Insitute of the Russian Academy of Sciences. Quaternary stratigraphy and paleontology of the Southern Russia: connections between Europe, Africa and Asia (pdf). Rhino Resource Center (en inglés) (Rostov-on-Don). pp. 121–122. ISBN 978-5-902 982-83-8. Consultado o 10 de outubro de 2015.
- ↑ Díaz, Camila (10 de setembro de 2018). "¿Los unicornios realmente existieron? Un fósil demuestra que estos animales habitaron hasta hace sólo 29 mil años". Emol (en castelán). Consultado o 10 de setembro de 2018.
- ↑ N.G. Noskova. "Elasmotherians - evolution, distribution and ecology". The World of Elephants - International Congress, Rome 2001 (HTML o PDF) (en inglés).