Machairodontinae
Rango fósil: Mioceno a Plistoceno
Estado de conservación
Extinto
Clasificación científica
Superfamilia: Felidae
Subfamilia: Machairodontinae

Os Machairodontinae son un grupo irmán dos felinos (Felinae). Foron o último grupo supervivente de gatos de dentes de sabre.

Son unha subfamilia extinta de mamíferos carnívoros da familia Felidae (auténticos "gatos"). Viviron en Asia, África, América do Norte, América do Sur e Europa desde o Mioceno até o Plistoceno. Sobreviviron desde uns 23 millóns até hai uns 11.000 anos.[1]

A subfamilia Machairodontinae incluía o famoso xénero Smilodon. Tamén había outros gatos con cairos que non eran tan longos, como o Homotherium. A adaptación dos dentes de sabre evolucionou varias veces en diferentes liñas de carnívoros. Tiveron moito éxito como depredadores de emboscada.[2]

Coexistencia con humanos

editar

Os humanos anatomicamente modernos teñen unha antigüidade duns 300.000 anos,[3] polo que os Machairodontinae coexistiron cos primeiros homínidos durante unha ampla gama temporal, especialmente durante o Plistoceno.[4] Os Machairodontinae extinguíronse posiblemente debido a unha combinación de factores, como cambios climáticos que afectaron os ecosistemas, reducindo a dispoñibilidade de presas grandes, competencia con outras especies e perda de hábitats. Un dos primeiros naturalistas en formular hipóteses sobre a extinción masiva da megafauna foi Alfred Russell Wallace a finais do século XIX.[5]

  1. "PBDB Taxon". paleobiodb.org. Consultado o 2024-07-15. 
  2. van den Hoek Ostende, Lars W.; Morlo, Michael; Nagel, Doris (2006-07). "Fossils explained 52: Majestic killers: the sabre‐toothed cats". Geology Today (en inglés) 22 (4): 150–157. ISSN 0266-6979. doi:10.1111/j.1365-2451.2006.00572.x. 
  3. Magazine, Smithsonian; Handwerk, Brian. "An Evolutionary Timeline of Homo Sapiens". Smithsonian Magazine (en inglés). Consultado o 2024-07-15. 
  4. "Humans and Scavengers: The Evolution of Interactions and Ecosystem Services". academic.oup.com (en inglés). doi:10.1093/biosci/biu034. Consultado o 2024-07-15. 
  5. "Nineteenth-century_explanations_of_Pleistocene_extinctions. A_review_and_analysis". Researchgate.net (en inglés). Consultado o 15 de xullo de 2024. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Bibliografía

editar