Maximino Cacheiro

profesor e escritor galego
(Redirección desde «Maximino Cacheiro Varela»)

Maximino Cacheiro Varela, nado na Coruña en 1943, e finado en Vigo o 29 de maio de 2020[1], foi un ensaísta, teórico da literatura, antólogo, poeta e profesor galego.

Infotaula de personaMaximino Cacheiro
Biografía
Nacemento19 de febreiro de 1943 Editar o valor em Wikidata
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Morte29 de maio de 2020 Editar o valor em Wikidata (77 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncatedrático , escritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata

Bitraga: 1357 Dialnet: 192316

Traxectoria editar

Fixo o bacharelato e a carreira de Maxisterio na cidade natal. Viuse obrigado a exiliarse en 1967 por motivos políticos, unha situación que se prolongou até 1976 en París e que tivo a súa continuación, outros sete anos, en Venezuela. En Venezuela foi profesor da Universidade Central de Venezuela e da Andrés Bello. En París obtivo o título de Licenciado en Filoloxía Hispánica e foi doutor en "Estudos Ibéricos" pola Sorbona, mestrado en Etnoloxía e diplomado en Estudos Superiores Cinematográficos. Foi profesor titular de Literatura Hispanoamericana na Universidade de Vigo.

Obras editar

Ensaio editar

  • Diccionario Conceptual Lezamiano.
  • Glosario lingüístico sobre Roland Barthes, 1977.
  • O mar na poesía galega, 1985, Ediciós do Castro.
  • Poetisas galegas do século XX, 1987, autoedición.
  • América na poesía galega, 1993, Deputación da Coruña.
  • Retrato hablado de José Antonio Rial, 1995, Ateneo de Los Teques.
  • L'aube du désir un étude de Primeras Poesías de Luis Cernuda, 1996, Gamesal.
  • Letras e figuras. Con Galicia ao fondo, 2000, Tórculo Edicións.
  • Os escritores galegos e Iberoamérica, 2000, Universidade de Vigo.
  • Diccionario de símbolos y personajes en Paradiso y Oppiano Licario de José Lezama Lima, 2001, Universidade de Vigo.
  • O mar na poesía e pintura galegas, 2002, Deputación de Pontevedra. Con Francisco Pablos.
  • A vellez na poesía galega, 2002, Baía Edicións.[2]
  • Poemas de amor da Xeración dos 50, 2004, Tórculo Edicións.
  • La poesía en Pedro Páramo, 2004, Huerga y Fierro.
  • Amor en feminino. Antoloxía das poetas galegas: de Rosalía á xeración dos 80, 2006, Baía Edicións.
  • El sentido irisado, leyendo "Paradiso" de Lezama Lima, 2010, Academia del Hispanismo.

Poesía editar

  • Memorial do exilio, 1994. Foi traducida ao ruso.[3]
  • O tremor do amor, 1997, Suaver.
  • Fulgor del fetiche lezamiano, 2001, Verbum.
  • A iluminación do mar, 2004. Editorial Toxosoutos.[4]
  • Latidos del exilio, 2002, Verbum.
  • Relampos do existir, 2005, Editorial Toxosoutos.[5]
  • Onde se irisa a flor, 2006, Deputación de Pontevedra.
  • Música irisiada, 2012, La Biblioteca del Laberinto.
  • Mar e lume, 2015, Toxosoutos, antoloxía que reúne a súa obra poética completa en galego: Latexos do exilio, O tremor do amor, Fulgor do fetiche lezamiano, A iluminación do mar, Relampos do existir, Onde se irisa a flor e A música irisada.[6]

Narrativa editar

  • Historias da pintura. Odas aos pintores galegos, 2009, Toxosoutos.[7]
  • Historias da Boule D'or. Contos da paixón erótica, 2011, Toxosoutos.[8]

Notas editar

  1. "Morreu Maximino Cacheiro Varela". Luzes. 29 de maio de 2020. 
  2. A vellez na poesía galega na páxina web de Baía Edicións.
  3. "Pamiat izgnaniya". Biblioteca da Tradución Galega. Arquivado dende o orixinal o 02/06/2020. Consultado o 28/10/2019. 
  4. A iluminación do mar na páxina web de Toxosoutos.
  5. Relampos do existir na páxina web de Toxosoutos.
  6. Mar e lume na páxina web de Toxosoutos.
  7. Historias da pintura na páxina web de Toxosoutos.
  8. Historias da Boule D'or na páxina web de Toxosoutos.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar