Matej Rudan

baloncestista croata

Matej Rudan, nado o 21 de marzo de 2001 en Zagreb, é un xogador croata de baloncesto profesional internacional. Formado nas categorías inferiores do KK Cibona, actualmente xoga para o Río Breogán da Liga ACB cedido polo Bayern München.[1] Cunha altura de 2,00 m, xoga nas posicións de ala e ala-pivote.[2]

Matej Rudan
Río Breogán  – No. 6
Información persoal
Nacemento 21 de marzo de 2001 (23 anos)
Croacia Zagreb, Croacia
Altura 2,08 m (6 ft 10 in)
Peso oficial 105 kg (231 lb)
Posición Ala-pivote / Pivote
Liga ACB / Champions League
Información da carreira
Canteira KK Cibona
Internacional Croacia
Carreira 2018−presente
Historial de equipos
Bayern München (2018–presente)
Bayern München II (2018−2021)
Mega Mozzart (2021−2023)
Río Breogán (2023−presente)

Traxectoria editar

Nado en Zagreb, Rudan comezou a xogar baloncesto no KK Omiš-Cagalj Tours Galeb. En 2015, uniuse á canteira do principal equipo da súa cidade, o KK Cibona. Dous anos máis tarde, trasládase a Alemaña para unirse aos xuvenís do Bayern München. En 2018, Rudan ascendeu ao equipo reserva do Bayern München da ProB, terceira categoría do baloncesto alemán. No ano 2020, ascendeu ao primeiro equipo, onde fixo unha media de 3,4 puntos e 2,3 rebotes por partido. O 25 de agosto de 2021, foi cedido ao Mega Mozzart da Liga ABA, onde permaneceu até 2023. Na súa última temporada na liga adriática, fixo unha media de 12,8 puntos, 5,5 rebotes e 0,9 asistencias por encontro. Após finalizar a temporada, foi cedido de novo, esta vez ao Río Breogán da Liga ACB.[1]

Clubs editar

Ao longo da súa carreira, Rudan ten xogado para os seguintes equipos profesionais:[2]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "O internacional croata Matej Rudan únese ao Río Breogán". CB Breogán. 14 de xuño de 2023. Consultado o 27 de xuño de 2023. 
  2. 2,0 2,1 "Matej Rudan, Basketball Player". Proballers (en inglés). Consultado o 27 de xuño de 2023. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar