Abrir o menú principal

Masculino xenérico

Concienciación sobre o masculino xenérico na sinaléctica en Narón.

O masculino xenérico é unha convención segundo a cal o masculino serve tanto para designar os individuos de sexo masculino como a toda especie sen distinción de sexos.

É unha convención que se identifica na gramática da maioría das linguas europeas,[1] mais que tamén se estende a outros campos como a sinaléctica.[2]

Segundo o Parlamento Europeo, a utilización xenérica do masculino percíbese cada vez máis como unha discriminación contra as mulleres[1] e evitar o seu uso vén incluído dentro das recomendacións para evitar a linguaxe sexista.[3]

O sexismo e o masculino xenéricoEditar

O masculino xenérico inclúese, segundo a Deputación da Coruña, dentro do sexismo na linguaxe e considerado dentro da discriminación sexual, mais desde a análise de que non é sexista a linguaxe, xa que dispón de masculinos, femininos e neutros. No entanto, serían as persoas as que lle darían un uso sexista á linguaxe ao empregar a forma masculina como xenérica.[3]

Oposición á substitución do masculino xenéricoEditar

Nalgunhas linguas nas que o masculino xenérico forma parte da súa gramática hai unha oposición á súa substitución argumentando que se vería comprometido o principio de economía da linguaxe, en que se fundamenta en razóns extralingüísticas[4] e que é un mecanismo inclusivo[5] e en linguas nas que houbo un acordo para un uso non sexista da linguaxe consideraron a dificultade da súa substitución.[6] En Francia hai un movemento pola escrita inclusiva.[7][8] En 2019 a Academia fracesa permitiu a feminización dos oficios.[9]

O masculino xenérico na lingua galegaEditar

O masculino xenérico non está estandarizado na lingua galega, aínda que está presente nos usos das/dos falantes. A gramática da lingua galega elaborada por Rosario Álvarez e Xosé Xove considera que hai casos en que xa é de norma usar o masculino e o feminino en plural para referirse a individuos dos dous sexos e que é unha tendencia social en extensión deixar de usar o masculino xenérico (denominado na gramática membro extensivo) en contextos referidos a persoas dos dous sexos[10]. As distintas administracións publicaron guías de linguaxe non sexista nas que inclúen o masculino xenérico como parte do sexismo na linguaxe e programaron a aplicación Exeria[11] para facilitar a súa substitución.

O Manual de estilo do Diario Oficial de Galicia considera que o uso do masculino como xénero non marcado contribúe a invisibilizar a presenza das mulleres [12] e considera que os textos institucionais deben evitar os usos discriminatorios. A Xunta de Galicia fai recomendacións para a substitución do que considera un falso xenérico masculino para outros termos da lingua con valor xenérico real.[13]

O masculino xenérico nos apelidosEditar

Os apelidos pertencentes á clase dos sobrenomes tiñan flexión de xénero. O Rexistro Civil fixou a forma masculina como denominación oficial.[14]

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 Informe sobre el lenguaje no sexista en el parlamento europeo (en castelán)
  2. Bessa, Pedro. "Mulheres, crianças e neutros: representações de género na linguagem sinalética" (PDF) (en portugués). Consultado o 24 de febreiro de 2019. 
  3. 3,0 3,1 Deputación da Coruña (ed.). "Caderno de orientación sobre linguaxe administrativa neutra" (PDF). Consultado o 24 de febreiro de 2019. 
  4. "Los ciudadanos y las ciudadanas, los niños y las niñas". www.rae.es. Consultado o 2019-02-05. 
  5. "La RAE defiende el uso del masculino genérico como mecanismo inclusivo". www.fundeu.es. Consultado o 2019-03-20. 
  6. Murtra, Pilar (2011). "«Acord sobre l'ús no sexista de la llengua»: un pas endavant". Llengua i ús: revista tècnica de política lingüística 0 (50): 40–47–47. ISSN 2013-052X. 
  7. Otten, Tori. Worlcrunch, ed. "Power And Language, Where Weinstein Meets French Grammar" (en inglés). Consultado o 2 de novembro de 2017. 
  8. Zas Marcos, Mónica. El Diario, ed. "Otras veces en las que el feminismo fue un "peligro mortal" para el lenguaje y no pasó nada" (en Castelán). Consultado o 2 de novembro de 2017. 
  9. Michel Feltin-Palas (19 de febreiro de 2019). "L'Académie française se résout à la féminisation". L'express. Consultado o 4 de marzo de 2019. 
  10. Gramática da lingua galega. Vigo: Galaxia. 2002. p. 395. ISBN 84-8288-335-6. 
  11. "Exeria". www.exeria.net. Consultado o 2019-02-02. 
  12. "Linguaxe non sexista - Manual de Estilo DOG". wikidog.xunta.gal. Consultado o 2019-02-02. 
  13. "Linguaxe non sexista". igualdade.xunta.gal. Consultado o 2019-02-02. 
  14. Navaza, Gonzalo. Real Academia Galega, ed. Apelidos galegos, continuidade e alteración na transmisión (PDF). p. 34. ISBN 978-84-947823-1-2. Consultado o 22 de febreiro de 2018. 

Véxase taménEditar