Feminino xenérico

O feminino xenérico é unha convención lingüística, caracterizada polo uso gramatical do xénero feminino para referirse tanto a persoas de sexo masculino como feminino (por exemplo, "as políticas" para referirse en conxunto aos políticos homes e ás políticas mulleres).

HistoriaEditar

Esta convención estivo ausente en todas as linguas do mundo[1] até finais do século XX. Nesa época algúns falantes dalgunhas linguas románicas comezaron a utilizar nalgunhas ocasións o feminino como xenérico. Xa no século XXI comezouse a empregar como convención nalgúns medios de comunicación en lingua galega, como Nós Diario.[2]

NotasEditar

  1. Monteagudo, H. (29 de marzo de 2012). "Sexismo, gramática e discurso". El País. ISSN 1134-6582. Consultado o 2020-05-20. 
  2. Reimóndez, M. (19 de maio de 2020). "Convencións". Nós Diario. Consultado o 2020-05-20. 

Outros artigosEditar


 
 Este artigo sobre lingüística é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.