Martell Webster

baloncestista estadounidense

Martell Webster, nado o 4 de decembro de 1986 en Edmonds, Washington, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense. Webster é o curmán de Jason Terry, escolta dos Milwaukee Bucks.

Martell Webster
Axente libre
Posición Ala / Escolta
Liga NBA
Información persoal
Nacemento 4 de decembro de 1986 (37 anos)
Edmonds, Washington
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 2,01 m (6 ft 7 in)
Peso oficial 107 kg (235 lb)
Información da carreira
Instituto Seattle Preparatory School
(Seattle, Washington)
NBA Draft 2005 / Rolda: 1 / Elección: 6
Por Portland Trail Blazers
Carreira dende 2005
Historial de equipos
Portland Trail Blazers (2005–2010)
Fort Worth Flyers (2006)
Minnesota Timberwolves (2010–2012)
Washington Wizards (2012–2015)
Información en nba.com

Traxectoria profesional editar

Webster foi seleccionado polos Portland Trail Blazers na 6ª posición do Draft da NBA de 2005, despois de que os Blazers traspasaran a súa terceira elección aos Utah Jazz horas antes do Draft.[1] Foi asignado aos Fort Worth Flyers da NBA Development League polos Blazers en xaneiro de 2006, e converteuse no xogador drafteado máis arriba (6ª posición) en ser asignado á D-League ata Hasheem Thabeet.[2] Máis tarde volveu aos Trail Blazers, en febreiro de 2006. Acadou a súa mellor marca da tempada con 26 puntos o 5 de xaneiro de 2008 na vitoria contra os Utah Jazz, con 24 deles anotados no terceiro cuarto.[3] En outubro de 2008, Webster asinou unha extensión de contrato de 4 anos, por valor de 20 millóns de dólares.[4]

O 20 de febreiro de 2009, o preparador dos Blazers, Jay Jensen, anunciou que Webster íase perder o resto da tempada 2008-09 debido a unha lesión no pé esquerdo.[5]

O 23 de xaneiro de 2010, anotou 28 puntos, o máximo da súa carreira, na vitoria contra os Detroit Pistons, igualando ademais o seu maior número de triplas nun partido, con 6 lanzamentos de tres conseguidos.[6][7] Webster foi traspasado o 24 de xuño de 2010 aos Minnesota Timberwolves a cambio de Ryan Gomes e os dereitos de Luke Babbitt.[8]

O 13 de xullo de 2012, Webster foi cortado polos Timberwolves. O 29 de agosto de 2012, asinou cos Washington Wizards.[9]

Notas editar

  1. JAZZ: Jazz Acquire 3rd Pick
  2. "NBA Affiliates In Review". Arquivado dende o orixinal o 04 de novembro de 2012. Consultado o 11 de xuño de 2011. 
  3. Webster scores 24 third-quarter points in Blazers' blowout
  4. Agent: Trail Blazers sign swingman Webster to 4-year extension
  5. Quick, Jason (20 de febreiro de 2009). "Blazers' Martell Webster likely out for rest of regular season". OregonLive.com. Consultado o 21 de febreiro de 2009. 
  6. Quick, Jason (23 de xaneiro de 2010). "Blazers' Portland 97, Detroit 93: Blazers Keep Defying the Odds". OregonLive.com. Consultado o 23 de xaneiro de 2010. 
  7. Associated Press (23 de xaneiro de 2010). "Blazers stop Pistons despite having only eight players". Consultado o 24 de xaneiro de 2010. 
  8. 2010 NBA draft: Washington Wizards select John Wall at No. 1 - ESPN
  9. "Washington Wizards sign Martell Webster". Arquivado dende o orixinal o 06 de febreiro de 2013. Consultado o 30 de outubro de 2012. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar