Marsilea quadrifolia

especie de planta

Marsilea quadrifolia

Marsilea quadrifolia
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Plantae
Subreino: Tracheobionta
División: Pteridophyta
Clase: Polypodiopsida
Orde: Salviniales
Familia: Marsileaceae
Xénero: Marsilea
Especie: M. quadrifolia
Nome binomial
Marsilea quadrifolia
L., 1753
Sinonimia
Véxase o texto

Marsilea quadrifolia é unha especie de pteridófita da clase das polipodiópsidas, orde das salviniais, e familia das marsileáceas, unha das integradas no xénero Marsilea.[2]

Ilustración antiga de Pilularia globulifera = Marsilea quadrifolia

Taxonomía editar

Descrición editar

A especie foi decrita en 1753 por Linneo na páxina 1099 do tomo II do seu traballo Species Plantarum.[3]

Etimoloxía editar

Para a do xénero, ver Marsilea.

O epíteto específico, quadrifolia, o a forma feminina do nominativo singular do adxectivo do latín científico quadrifolium, -a, -um, formado polos elementos quadri- e -folia, derivados do latín clásico quadri-, "catro",[4] e folium, -ii, "folla".[5] Literalmente: "·de catro follas".

Sinónimos editar

Ademais do protónimo cuñado por Linneo, e actualmente válido, a especie coñceuse tamén polos sinónimos:[6]

  • Lemma quadriolia (L.) Desr.
  • Lemma quadrifolia (L.) Des.r. ex Lam.
  • Marsilea europaea Desv.
  • Marsilea quadrifolia f. aquatica A.K.H.Braun
  • Marsilea quadrifolia f. aquatica A.K.H.Braun ex Glück
  • Marsilea quadrifolia f. natans Glück
  • Marsilea quadrifolia f. submersa Glück
  • Marsilea quadrifolia f. terrestris Glück
  • Marsilea quadrifoliata L.
  • Marsilea vulgaris Bubani
  • Pteris quadrifolia (L.) L.
  • Spheroidia quadrifolia (L.) Dulac
  • Spheroidia quadrifoliata (L.) Dulac
  • Zalusianskya marsileoides Neck.
  • Zalusianskya quadrifolia (L.) O.Kuntze

Características editar

Marsilea quadrifolia ten un rizoma rastreiro, escasamente pubescente para facerse glabro posteriormenre, con entrenós de até 4,8 cm, ocasonslmente máis curtos; nos nós xorden as raíces. As frondes, de 10 a 18 cm, delgadas, glabras e de cor que varía da verde a amarelada, aparecen illadas sobre un longo pecíolo. Estas frondes lembran a un trevo de catro follas, xa que se divíden en catro folíolos de forma de triangular a ovalada, dispostos nunha roseta. Os frondes flotan na superficie da auga.[7]

Na base do pecíolo fórmanse frondes fértiles modificadas chamadas esporocarpos, de forma ovoide ou elíptica, glabros, de cor de parda a negra, de 2 mm de lonxitude, suavemente coriáceos, convexos nos lados laterais, ás veces persistentes despois da descomposición da fronde, polo que xorden directamente do rizoma.[7]

Teñen soros no revés. A parte superior é grosa e dura. O período de esporulación é de xullo a novembro, e o modo de diseminación é hidrocórica, é dicir, a través ds auga.

Hábitat e distribución editar

Hábitat editar

Marsilea quadrifolia encóntrase en zonas con invernos suaves. Vive ao bordo de masas de auga estancadas (lagoas, estanques) e en terreos inundados temporalmente.[1]

Distribución editar

A súa área de distribución natural é o centro e o sur de Europa, o Cáucaso, Siberia occidental, Afganistán, o suroeste da India, China, Xapón e Vietnam, e considerérase unha maleza nalgunas partes dos Estados Unidos, onde se estableceu no nordeste hai máis de 100 anos.[8]

Usos editar

Nalgúns lugares Marsilia quadrifolia leva máis de 3 000 anos empregándose como alimento. Ademais, dise que esta planta ten propiedades como antiinflamatorio, diurético, depurativo e febrífugo.[9] Tamén se usa para tratar as mordeduras de serpes e os abscesos.

Na actualidade cultívase na China, na rexión de Suzhou, para o seu consumo, cociñándose salteada con allo picado e adornada con salsa de soia.[10] Esta especie tamén é coñecida e consumida en Camboxa.

Cultivo editar

Para o seu cultivo, esta planta prefire solos lixeiros (areosos e arxilosos). Pode crecer en semisombra (bosques claros) ou sen sombra. Require solos húmidos, e pode medrar en auga.[9]

Marsilea quadrifolia pódese cultivar como planta en testos, só co chan mollado ou semimergullado, coas frondes emerxentes da auga ou completamente mergulladas, ou flotando na superficie da auga.

Nos acuarios, cultívase completamente mergullada. Parece que non ten ningunha preferencia en canto ás condicións de luz e auga, e non precisa un substrato rico.

As marsileas son moi fáciles de xerminar dos seus esporocarpos. Porén, os esporocarpos racharse ou ter un bordo cortado antes de seren mergullalos na auga para que a esta poida penetrar para inchar os tecidos e a xerminación depende da luz infravermella. A luz solar está ben para este propósito.

Estado de conservación editar

A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais, tendo en conta que esta especie está moi estendida e é moi común en Europa e nalgúns países asiáticos, como a China, e que non se informou de ameazas importantes, cualifica o seu status como LC (pouco preocupante).[1]

Galería editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Gupta, A. K. (2011): Marsilea quadrifolia na Lista vermella da UICN. Consultada o 10 de marzo de 2021.
  2. Marsilea L. no GBIF. Consultado o 10 de marzo de 2021.
  3. Caroli Linnæi. Species plantarum, exhibentes plantas rite cognitas, ad genera relatas, cum differentiis specificis, nominibus trivialibus, synonymis selectis, locis natalibus, secundum systema sexuale digestas. Tomus II. Holmiæ: Impensis Laurentii Salvii, 1753.
  4. quadri- no WordSense Dictionary.
  5. folium no WordSense Dictionary.
  6. Marsilea quadrifolia L. no GBIF. Consultado o 10 de marzo de 2021.
  7. 7,0 7,1 Flora of China (en inglés).
  8. "Non-indigenous Aquatic species". Arquivado dende o orixinal o 07 de febreiro de 2012. Consultado o 11 de marzo de 2021. 
  9. 9,0 9,1 Plants For a Future en pfaf.org (en inglés).
  10. www.sinogastronomie.com Arquivado 21 de maio de 2009 en Wayback Machine..

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Delectis Flora Reipublicae Popularis Sinicae Agendae Academiae Sinicae Edita, ed.: (2000). "Pteridophyta". Flora Reipublicae Popularis Sinicae.
  • Newman, M.; Ketphanh, S.; Svengsuksa, B.; Thomas, P.; Sengdala, K.; Lamxay, V. & Amostrong, K. (2007): "A Checklist of the Vascular Plants of Lao PDR". Royal Botanic Garden Edinburgh, Edinburgh.
  • USDA, ARS, National Genetic Resources Program (2010): "Germplasm Resources Information Network (GRIN). National Germplasm Resources Laboratory, Beltsville, Maryland. USA.

Ligazóns externas editar