Marsileáceas

familia de plantas
(Redirección desde «Marsileaceae»)
Marsileáceas
Marsileaceae

Pilularia globulifera, arriba

Marsilea quadrifolia, abaixo

Clasificación científica
Reino: Plantae
Subreino: Tracheobionta
División: Pteridophyta
Clase: Polypodiopsida
Orde: Salviniales
Familia: Marsileaceae
Mirb., 1802
Xéneros
Véxase o texto

A das marsileáceas (Marsileaceae) é unha familia de pteridófitas da clase das polipodiópsidas unha das dúas integradas na orde das salviniales.[1]

Taxonomía

editar

Descrición

editar

A familia foi descrita en 1802 polo botánico francés Charles-François Brisseau de Mirbel, nun traballo publicado en Hist. Nat. Vég. 5: 126.[2]

Xéneros

editar

A familia comprende os seguintes xéneros:[2][3][4]

Características

editar
 
Pilularia globulifera

Son plantas acuáticas ou anfibias, rizomatosas, con talos que crecen na superficie do solo ou son subterráneos.
O talo principal é longo, arrástrase polo chan e dá lugar a brotes longos ou curtos só nos nós, con pelos adheridos lateralmente, multicelulares.
As raíces xorden nos nós e tamén ao longo dos entrenós.
Os frondes son dísticos, con pecíolos longos, ás veces filiformes e sen láminas expandidas.
Os soros aparecen dentro de corpos duros, esféricos ou reniformes, denominados esporocarpos, que xorden en talos curtos cerca ou na base dos pecíolos.
Os esporanxios son de dou tipos, e nacen dentro do mesmo soro e esporocarpo; o macrosporanxio contén unha soa macróspora; os microsporanxios conteñen de 20 a 64 micrósporas.
Os gametófitos quedan dentro das esporas; os microgametófitos están formados só por unhas poucas células; os megagametófitos sobresaen das esporas, cada un con cadanseu arquegonio simple.[2]

  1. Salviniales Link en Word Fora Online. Consultado o 25 de febreiro de 2021.
  2. 2,0 2,1 2,2 Marsileaceae Mirb. en Word Fora Online. Consultado o 25 de febreiro de 2021.
  3. Marsileaceae no ITIS. Consultado o 25 de febreiro de 2021.
  4. Marsileaceae no NCBI. Consultado o 25 de febreiro de 2021.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar