Marsilea

xénero de plantas

Marsilea

Marsilea quadrifolia
Clasificación científica
Reino: Plantae
Subreino: Tracheobionta
División: Pteridophyta
Clase: Polypodiopsida
Orde: Salviniales
Familia: Marsileaceae
Xénero: Marsilea
L., 1753
Especies
Véxase o texto
Sinonimia
Véxase o texto

Marsilea é un xénero de pteridófitas da clase das polipodiópsidas e orde das salviniais, que é o tipo da familia das marsileáceas.[1]

O xénero comprende unhas 65 especies de fentos acuáticos.

Taxonomía editar

Descrición editar

O xénero foi descrito en 1753 por Linneo, na páxina 1099, do vilume II da 1ª edición da súa obra Species Plantarum.

Sinónimos editar

Ademais de polo protónimo cuñado por Linneo e actualmente válido, o xénero coñeceuse tamén polo sinónimos:[1]

  • Lemma Juss. ex Adans.
  • Spheroidea Dulac
  • Zaluzianskia Neck.

Etimoloxía editar

O nome científico Marsilea foi unha homenaxe que Linnaeus lle fixo ao conde Luigi Ferdinando Marsigli (en latín, Marsilius) naturalista italiano falecido en 1730.[2]

Especies editar

Segundo a base de datos The Plant List, recoñécense as seguintes especies:[3]

Porén, o ITIS só recoñece as seguintes:[4]

  • Marsilea ancylopoda A. Braun
  • Marsilea crenata C. Presl
  • Marsilea hirsuta R. Br.
  • Marsilea macropoda Engelm. ex A. Braun
  • Marsilea minuta L.
  • Marsilea mollis B.L. Rob. & Fernald
  • Marsilea mutica Mett.
  • Marsilea oligospora Goodd.
  • Marsilea polycarpa Hook. & Grev.
  • Marsilea quadrifolia L.
  • Marsilea vestita Hook. & Grev.

Características editar

Son pequenas plantas de aspecto infrecuente, xa que non se parecen aos fentos comúns. Os nomes vulgares dalgunhas especies inclúen trevo de auga e trevo de catro follas, debido a que as frondes presentan catro lóbulos semellantes ao trevo, e están presentes sobre a auga ou mergullados nela.

Os esporocarpos dalgunhas especies australianas son moi resistentes á seca, sobrevivindo até 100 anos en condicións de extrema sequidade. Ao mollarse, o interior xelatinoso do esporocarpo incha, dividíndoo e liberando unha masa semellante a un verme que leva os soros, levándose finalmente a cabo a xerminación das esporas e a fecundación.

Usos editar

Como alimento editar

Os esporocarpos dalgunhas especies australianas, como Marsilea drummondii, son comestíbeis e foron comidos polos aborixes e os primeiros colonos brancos, que o coñecían co nome de ngardu ou nardoo. Partes de Marsilea drummondii conteñen unha enzima que destrúe a tiamina (vitamina B1), provocando danos cerebrais en ovellas e cabalos. Durante as inundacións na conca do río Gwydir morreron 2 200 ovellas despois de comer nardoo. Con todo, as tres cuartas partes das ovellas afectadas responderon ás inxeccións de tiamina.[5] A deficiencia de tiamina dun nardoo mal preparado provocou probablemente a fame e a morte de Burke e Wills.[6][7]

As follas de Marsilea crenata forman parte da cociña xavanesa oriental de Indonesia, especialmente na cidade de Surabaya. Chámase Pecel Semanggi e sérvese con salsa picante de cacahuete e batata.

Como ornamento editar

Algunhas especies do xénero, como Marsilea crenata, Marsilea exarata, Marsilea hirsuta e Marsilea quadrifolia, cultívanse en acuarios.

Galería editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Marsilea L. no GBIF. Consultado o 26 de febreiro de 2021.
  2. Marsilea no Merriam-Websbter Dictionary.
  3. Marsilea en The Plant List. Consultada o 26 de febreiro de 2021.
  4. Marsilea L. no ITIS. Consultado o 26 de febreiro de 2021.
  5. Watt, Bruce (2009): Managing the land – Toxic Plants, Pro Grazier, Winter, MLA.
  6. Chaffey, Calder (xuño de 2002). "A Fern which Changed Australian History". Australian Plants Online. Association of Societies for Growing Australian Plants. Arquivado dende o orixinal o 01 de febreiro de 2014. Consultado o 26 de febreiro de 2021. 
  7. Phoenix, Dave (2011). "Did Burke and Wills die because they ate nardoo?". State Library of Victoria: The Burke & Wills research gateway. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar