A esporulación é un tipo de reprodución asexual​ que dá lugar tanto a esporas como a endósporas.[1][2]

Esporulación de Hyaloperonospora parasitica (un mildio) nunha folla de Arabidopsis thaliana observada ao microscopio óptico.
A tinguidura con azul de tripano dá unha cor azul escura ao citoplasma de H. parasitica. A estrutura arborescente que leva as conidiósporas é o conidióforo.

En cada organismo a esporulación pode verse favorecida ou desencadeada por circunstancias medioambientais adversas, como falta de dispoñibilidade de nutrientes,[3]​ ou de luz;[4]​ e pode formar parte do ciclo de vida normal​ durante a reprodución.[5]

A bacteria Bacillus subtilis e o fungo do pan (Neurospora crassa) úsanse frecuentemente no laboratorio como organismos modelo nos estudos de esporulación. Nos animais a meiose produce gametos, pero nas plantas e nos fungos, en cambio, produce esporas.

As esporas son estruturas resistentes, constan dunha soa célula protexida por unha grosa envoltura que lles permite resistiren condicións ambientais desfavorábeis.

Esporulación nos fungos editar

O procedemiento da esporulación nos fungos segue unha serie de etapas:[6]

1. Duplícase o material xenético (ADN) mediante mitose.
2. Comeza a formarse o septo da espora e vaise illando o ADN recentemente replicado xunto a unha pequena porción de citoplasma.
3. A membrana plasmática comeza a rodear o ADN, o citoplasma e a membrana illadora.
4. O septo da espora rodea a porción illada formándose a espora.
5. Fórmase unha capa de peptidoglicano entre as membranas, onde aparece como un corpo refractario rico en dipicolinato de calcio.
6. A espora recóbrese cunha cuberta de resistencia.
7. Esporulación: liberación da endóspora da célula ao medio, por lise celular.
8. Durante o proceso de esporulación lévanse a cabo unha serie de cambios químicos e físicos que dan lugar a cambios morfolóxicos na espora.

Este proceso de reprodución consiste na división do núcleo en diferentes partes, as cales se rodean polo citoplasma e, desta forma, prodúcese a conformación das esporas; este proceso de reprodución prodúcese asexualmente por medio de mitosporas e na culminación dun proceso de reprodución sexual por medio de esporulación meiótica. Este proceso é un proceso de diferenciación celular co fin da xeración de esporas e a súa expulsión ao ambiente. Este tipo de reprodución prodúcese en fungos, e tamén en amebas, liques, e en casos específicos de bacterias, protozoos esporófitos e, frecuentemente, en vexetais.

Esporulación nas plantas editar

Algunhas plantas son capaces de reproducírense con este sistema tendo incluso partes encargadas da formación de esporas: esas rexións coñécense como esporanxios e están situadas no revés das follas, que se encarga da produción de esporas. Estas plantas alternan o mecanismo de reprodución cunha reprodución sexual de tal maneira que os fillos poden seren producidos tanto por reprodución sexual como asexual.

Esporulación nas bacterias editar

O proceso de esporulación nas bacterias segue esta serie de etapas:

1. Prodúcese unha duplicación do material xenético (ADN).
2. Comeza a formarse o septo da espora e vaise illando o ADN recentemente replicado xunto a unha pequena porción de citoplasma.
3. A membrana plasmática comeza a rodear o ADN, o citoplasma e a membrana illada no paso 2.
4. O septo da espora rodea a porción illada formándose a espora.
5. Fórmase unha capa de peptidoglicano entre as membranas.
6. A espora recóbrese cunha cuberta de resistencia.
7. Liberación da endóspora da célula ao medio. Durante o proceso de esporulación lévanse a cabo unha serie de cambios químicos e físicos que dan lugar a cambios morfolóxicos na espora.

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Font Quer, P. (1993): Diccionario de botánica. Tomo I. Barcelona: Editorial Labor, S. A. ISBN 84-3350-076-7.
  • Trail, Frances (2007): "Fungal cannons: explosive spore discharge in the Ascomycota". FEMS Microbiol. Lett. 276 (1): 12-18.

Outros artigos editar

Ligazón externa editar