Abrir o menú principal

Mariano Rajoy Sobredo, nado en Santiago de Compostela o 28 de agosto de 1921 e finado en Madrid o 1 de novembro de 2018[1], foi un xuíz galego.

Mariano Rajoy Sobredo
Mariano Rajoy Sobredo.jpg
Nome completoMariano Rajoy Sobredo
Nacemento28 de agosto de 1921
 Santiago de Compostela
Falecemento1 de novembro de 2018
 Madrid
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónxurista e maxistrado
PaiEnrique Rajoy Leloup
CónxuxeOlga Brey López
FillosMariano Rajoy
PremiosCruz distinguida de primeira clase da Orde de San Raimundo de Peñafort
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Fillo de Enrique Rajoy Leloup. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela en 1943. Foi xuíz de Primeira instancia en Ordes (1948), Lalín (1949-1953), Piedrahíta (Provincia de Ávila) (1953-1955) e O Carballiño (1955-1958). Ascendido a maxistrado en 1958, foi xuíz en Oviedo, xuíz especial de Vagos e Maleantes de León e presidente da Audiencia Provincial de Pontevedra dende 1970[2], onde xulgou o suborno do Concello de Vigo no cambio da concesión do transporte urbano dos tranvías aos autobuses da empresa Vitrasa[3] nese ano e o caso Reace en 1974.

Vida persoalEditar

Casou con Olga Brey López (falecida en 1993) en marzo de 1954[4] e foi pai de Mariano, Enrique, María Mercedes e Luis Rajoy Brey.

NotasEditar

  1. "Fallece el padre del expresidente del Gobierno Mariano Rajoy". Agencia Efe (en castelán). 1 de novembro de 2018. 
  2. El Pueblo Gallego, 18-1-1970, p. 14.
  3. Reinero, Davil. Praza Pública, ed. "50 anos do cambio da concesión dos tranvías por buses en Vigo cun suborno e con Rajoy e Conde-Pumpido como xuíz e fiscal". Consultado o 16 de maio de 2018. 
  4. La Noche, 27-3-1954, p. 2