Marianne Brandt

artista alemá

Marianne Brandt, nada como Marianne Liebe en Chemnitz, Alemaña, o 1 de outubro de 1893 e finada en Kirchberg, Saxonia, o 18 de xuño de 1983, foi pintora, escultora e deseñadora industrial. Ao final da súa carreira dedicouse tamén á fotografía.

Modelo:BiografíaMarianne Brandt
Biografía
Nacemento1 de outubro de 1893 Editar o valor en Wikidata
Chemnitz, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Morte18 de xuño de 1983 Editar o valor en Wikidata (89 anos)
Kirchberg (Saxônia), Alemaña (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónBauhaus Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoDeseño, fotografía, pintura e escultura Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónescultora, deseñador industrial, deseñadora, profesora universitaria, fotógrafa, pintora, artista Editar o valor en Wikidata
EmpregadorWeißensee Academy of Art Berlin (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteConcise Dictionary of Women Artists (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Formación

editar

Estudou pintura e escultura na Escola Superior de Belas Artes de Weimar entre 1911 a 1917. Ao rematar os estudos, pasou unha tempada en Noruega, onde, en 1919, casou con Erik Brandt, pintor do que se divorciou en 1935.

Formouse como pìntora cos artistas Fritz Mackensen e Robert Weise antes de estudar escultura con Robert Engelmann. En 1920 fixo unha xira de estudos dun ano con visitas a París e ao sur de Francia. Tamén fixo cursos impartidos por Paul Klee e Wassily Kandinsky. ..

En 1923, cando tiña trinta anos, inscribiuse na Bauhaus en Weimar. Enfrontouse a algúns problemas que lle impediron entrar no taller de metal desde o primeiro momento, xa que na Bauhaus (ao contrario que noutra escola cun percorrido moi paralelo como foi a Wchutemás de Moscova) as mulleres non acostumaban acceder a todos os talleres: pola nova Constitución de Weimar tiñan o dereito a todo tipo de educación, pero na Bauhaus a maioría entraban nos obradoiros de téxtil e cerámica.

Pouco tempo despois demostráronse as calidades que esta muller tiña para representar obxectos de uso cotián cando ela e Max Sinowjewitsch Krajewski deseñaron as luminarias para o edificio Bauhaus en Dessau de 1925 a 1926. Por iso, pouco despois, se lle permitiu ser parte do obradoiro de metal, converténdose así na primeira muller en entrar nel e, dende 1927, traballou como axudante no taller de metais da Bauhaus e despois, en 1928, ocupou o posto de xefa de taller.

Traballo

editar

Os deseños de Brandt para cinceiros metálicos, instalacións para facer e café, lámpadas e outros artigos para o fogar son agora recoñecidos entre os mellores da Bauhaus de Weimar e Dessau.[1] Ademais, estaban entre os poucos deseños de Bauhaus que se produciron en serie durante o período de entreguerras, e algúns deles están dispoñibles actualmente como reprodución.[2] Nunha poxa en decembro de 2007, unha das súas teteiras, o modelo Nº MT49, foi vendida por unha cifra récord de 361.000 dólares.[3][4]

 
Selo alemán de correo, conmemorando os deseños da Bauhaus, Á dereita, aparece a teteira de Marianne Brandt.

Aínda así, seguiu atopándo trabas polo camiño, mesmo os seus compañeiros lle deixaban sempre os traballos máis dificultosos; aos poucos, gañouse o respecto de todos pola xeito tan especial que tiña de representar os produtos que, ademais, seguían as tendencias que predominaban na Bauhaus, como o emprego das denominadas "formas cenoria". Marianne Brandt optaba polo triángulo, o cilindro e a esfera, como se aprecia no seu coñecido xogo de café e té MT50-55a de 1924, que foi un dos seus primeiros deseños no taller de metalurxia e un dos últimos que se produciron con materiais luxosos como a prata, o ébano e o cristal.[5]

Pódese dicir que Brandt estableceu unha técnica que podería considerarse reducionista, onde os seus deseños de obxectos prácticos en metal formaban unha parte importante do seu repertorio. Moitos deses deseños, incluíndo lámpadas, cinceiros e outros artigos para o fogar, seguen a se reproduciren na actualidade.

 
Obra de Marianne Brandt, realizada na Metallwarenfabrik Ruppel, Gotha, Alemaña, en 1930. Exposta no Museu für Angewandte Kunst Köln, de Colonia.

Cando terminou o curso en 1928, asumiu o cargo de vicerreitora de metalurxia, sucedendo a Moholy-Nagy e organizou traballos en colaboración con empresas fabricantes de lámpadas. Máis tarde deseñou outras lámpadas con outros deseñadores, de onde xurdiu a lámpada Kandem.

En 1929 traballou no estudo de arquitectura de Walter Gropius e na firma Ruppel en Gotha onde permaneceu até 1932. Máis tarde estudou pintura e ensinou nalgúns institutos e escolas de artes.[6]

Fotógrafa

editar

Aínda que o seu traballo sempre estivo centrado no deseño industrial, Brandt tamén é recordada como un fotógrafa pioneira sendo unha das primeiras mulleres en destacar neste campo. Creou composicións experimentais de bodegóns, pero son a súa serie de autorretratos o que chama especialmente a atención. A miúdo aparece como unha nova muller Bauhaus forte e independente; outros exemplos mostran o seu rostro e corpo distorsionados a través das superficies curvas e reflectidas das bolas de metal, creando unha imaxe mixta de si mesma e do seu medio principal na Bauhaus.

Tamén se aventurou con grande talento e sona en fotomontaxes e fotografía. Varias das súas obras atópanse no MoMA de Nova York .A partir de 1926, Brandt tamén produciu un conxunto de obras de fotomontaxe, aínda que poucos foron coñecidos publicamente ata a década de 1970, despois de abandonar o estilo Bauhaus e vivir na Alemaña Oriental comunista. As fotomontaxes chamaron a atención do público despois de que o historiador da Bauhaus, Eckhard Neumann, solicitase os primeiros experimentos, estimulados por un interese crecente pola experiencia modernista en Occidente.[2] Estas fotomontaxes tenden a centrarse na complexa situación das mulleres no período de entreguerras, época na que gozaban de novas liberdades no traballo, na moda e na sexualidade, pero a miúdo soportaban prexuízos tradicionais. As fotomontaxes de Brandt foron o tema da exposición itinerante titulada "Tempo, Tempo! The Bauhaus Photomontages of Marianne Brandt", organizada por Elizabeth Otto, que apareceu no Arquivo Bauhaus de Berlín, no Museo Busch-Reisinger de Harvard e no Centro Internacional de Fotografía en Nova York do 2005 ao 2006. O catálogo do mesmo nome de Otto explora estas obras e a vida de Brandt.[7]

Premio Marianne Brandt

editar

En 2001, a Fundación Cultural do Estado Libre de Saxonia e máis a cidade de Chemnitz, crearon o Premio Internacional Marianne Brandt. Concédese cada tres anos baixo o lema "A poesía do funcional" e nel, se escollen unhas sesenta contribucións, do deseño e da arte, que se exhiben no Industriemuseum Chemnitz durante dous meses, ao final dos cales concédese o premio por valor de 5.000 €, no deseño, fotografía e arte. A convocatoria do concurso complétase cun programa de conferencias, charlas e obradoiros.[8]

  1. "Marianne Brandt, la artista que diseñó tu lámpara / Marianne Brandt, the woman artist who designed your lamp". lagran.eu (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 28 de xuño de 2021. Consultado o 28 de xuño de 2021. 
  2. 2,0 2,1 "Bauhaus Pendant Lamp - Marianne Brandt and Hans Przyrembel, 1925". mastersofmodernism.com. Consultado o 28 de xuño de 2021. 
  3. "How Bauhaus was shaped into greatness". nytimes.com. Consultado o 28 de xuño de 2021. 
  4. "Tetera Marianne Brandt modelo MT 49". historia-disenio-industrial.blogspot.com. Consultado o 28 de xuño de 2021. 
  5. "Tetera Marianne Brandt modelo MT 49". Historia del Diseño Industrial. 29 de outubro de 2013. 
  6. "La ingeniera que conquistó la Bauhaus, Marianne Brandt (1893-1983)". Mujeres en la historia. 13 de febreiro de 2017. 
  7. "DOWN TEMPO". artnet.com. Consultado o 28 de xuño de 2021. 
  8. "Internationaler Marianne Brandt Wettbewerb". marianne-brandt-wettbewerb.de (en alemán). 2021. Consultado o 28 de xuño de 2021. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Fiell, Charlotte & Peter (2001). El diseño industrial de la A a la Z. Köln: TASCHEN GmbH. ISBN 3-8228-5055-1.  

Ligazóns externas

editar