Marcial Gondar
antropólogo galego
(Redirección desde «Marcial Gondar Portasany»)
Marcial Gondar Portasany, nado en Pontevedra en 1948, é un antropólogo galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1948 (75/76 anos) Pontevedra, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Formación profesional | Antropoloxía social |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | antropólogo |
Xénero artístico | Ensaio |
Lingua | Lingua galega |
Traxectoria editar
Catedrático de Antropoloxía social na Universidade de Santiago, é membro da Sección de Etnografía do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento e máis do Padroado do Museo do Pobo Galego.
Comezou publicando traballos sobre o proceso de transformación da sociedade campesiña galega como ¿Fracaso del corporativismo agrícola en Galicia? Aportaciones para una teoría del cambio social (Valencia, 1977). Posteriormente dedicouse ao estudo da morte na cultura galega. Actualmente investiga en problemas de antropoloxía urbana e comunicación e mercadotecnia.
Obra en galego editar
Ensaio editar
- A morte, 1987.
- Romeiros do alén, 1989, Xerais.
- Mulleres de mortos, 1991, Laiovento.
- Crítica da razón galega: entre o nós-mesmos e o nós-outros, 1993, A Nosa Terra.
- ¿Qué é a antropoloxia aplicada?, 2004.
Obras colectivas editar
- Alimentación e cultura, 1993, Loas (Vigo).
Obras colectivas editar
- Espiritados: ensaios de etnosiquiatría galega (con Emilio González Fernández), 1992, Laiovento.
- Xosé Chao Rego: renacer galego. (Actas do Simposio-Homenaxe), 2010, Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas.
Premios editar
- Premio da Crítica de Galicia de Ensaio e Pensamento no 1990, por Romeiros do alén.
Obra en castelán editar
Ensaio editar
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
- Ficha do autor en Xerais Arquivado 13 de decembro de 2009 en Wayback Machine.
- Sobre muller e emigración Arquivado 09 de marzo de 2016 en Wayback Machine.
- Entrevista en vídeo sobre a paisaxe en culturagalega.org
- Outra entrevista sobre socioloxía e psiquiatría