Marcela de Juan

escritora e tradutora hispano-chinesa

Marcela de Juan, nada na Habana o 1 de xaneiro de 1905 e finada en Xenebra en agosto de 1981, foi unha escritora e tradutora española e chinesa. O seu nome en chinés é Hwang Ma Cé, 黃瑪賽 (pinyin: Huáng mǎsài).

Infotaula de personaMarcela de Juan
Nome orixinal(zh-cn) Hwang Ma Cé
(zh-cn) 黃瑪賽 Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1 de xaneiro de 1905 Editar o valor em Wikidata
A Habana, Cuba Editar o valor em Wikidata
Morte28 de agosto de 1981 Editar o valor em Wikidata (76 anos)
Xenebra, Suíza Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaEspaña (1928–) Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña
República da China Editar o valor em Wikidata
Educación圣心学堂 Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora , tradutora Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiHuang Lühe (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsNadine Hwang (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 1812587

Traxectoria editar

Foi filla do mandarín Hwang Lü Hei 黃履和 (pinyin: Huáng lǚhé), diplomático chinés, e de Juliette Broutá-Gilliard, belga de ascendencia española. O seu pai fora Secretario da Legación Chinesa en España e en 1905 foi trasladado de novo da Habana a Madrid como Ministro Plenipotenciario da Legación da China (equivalente ao rango de Embaixador da China en España). Coñecido como Liju Juan, Huang foi un personaxe coñecido no Madrid da época.[1][2]

Viviu en Madrid entre 1905 e 1913, onde se formou xunto coa súa irmá Nadine de Juan (en chinés Hwang Na Ting 黃娜汀; pinyin: Huáng Nàtīng).[3] A súa familia relacionouse cos políticos Natalio Rivas, Ministro de Instrución Pública, e José Canalejas, co Conde de Romanones, cos escritores Pío Baroja e Emilia Pardo Bazán, co escultor Mariano Benlliure e máis tarde, co editor da Revista de Occidente, José Ortega Spottorno.[4]

En 1913 a familia trasladouse á China, ao serlle adxudicado ao seu pai un novo cargo no Ministerio de Asuntos Exteriores de Pequín. Marcela e a súa irmá Nadine relacionáronse con diplomáticos estranxeiros na cidade, como o cónsul francés en Shanghai Alexis Léger, Jean Chauvel, o mariscal Joffre, o escritor Galeazzo Ciano ou o duque de York, que se convertería no rei Xurxo VI do Reino Unido. Asistiu á voda do último emperador, Puyi. Tratou aos escritores chineses Hu Shih e Lin Yutang, con quen mantivo relación até a morte deste en 1976. Traballou na sucursal pequinesa da Banque Française pour le Commerce et l'Industrie.

O 4 de maio de 1919 foi testemuña da manifestación que organizaron os estudantes en Pequín en protesta polo Tratado de Versalles. A mobilización deu nome ao Movemento do Catro de Maio que aglutinou as ideas reformistas previas á revolución. Colaborou coa revista 新青年 (Nova Mocidade), fundada en 1915 por Chen Duxiu, decano da Facultade de Letras da Universidade de Pequín. Tamén publicou na revista Nova Onda, xunto con Victor Hoo, quen chegaría a ser Secretario Xeral Adxunto da ONU con Trygve Lie e con Dag Hammarksjöld.

Xunto coa súa irmá Nadine, nese momento coronela de aviación do exército chinés, tratou ao presidente da república Yuan Shikai e ao xeneral Chang Dzung Chang. Nadine foi secretaria do Primeiro Ministro do Goberno do Norte da China, Pan Fu. Propúxolle a Marcela de Juan converterse na súa oitava concubina, mais esta non aceptou.[5]

En 1926 morreu o seu pai, Hwang Lü Hei. En 1928 volveu a España nunha viaxe inicialmente temporal, mais que durou até 1975. Casou con Fernando López Rodríguez-Acosta, quen morreu dous anos despois. Máis tarde a súa nai e a súa irmá tamén se trasladaron a España. Neste período en Madrid tratou a Natalio Rivas, aos xornalistas Julio Broutá e Vicente Sánchez Ocaña, ao ceramista Daniel Zuloaga, ao escritor Ricardo Baeza e ao editor Manuel Aguilar. Grazas á súa relación con José Ortega Spottorno comezou a dar conferencias sobre cultura e vida chinesas en Madrid, e máis tarde en distintas cidades de Europa.

Muller políglota e cosmopolita, foi considerada unha das pioneiras da modernidade feminina. Ademais dos seus traballos de conferenciante e xornalista, exerceu como intérprete na Oficina de Interpretación de Linguas do Ministerio de Asuntos Exteriores de España, emprego que mantivo até a súa xubilación. En 1955 fundou xunto con Consuelo Berges a Asociación Profesional de Tradutores e Intérpretes.[6]

Como tradutora é responsábel das tres antoloxías máis importantes de poesía chinesa editadas en España, e doutras tantas de relatos chineses e orientais. Colaborou na prensa diaria e semanal, en libros sobre cultura e xeografía, en dicionarios e en enciclopedias. Foi asesora do filme 55 días en Pequín e fixo entrevistas a personalidades para a Revista de Occidente.

En 1975 viaxou por primeira vez á China despois da Revolución e a fundación da República Popular. Fíxoo en calidade de intérprete da primeira misión comercial española tras o restabelecemento de relacións diplomáticas en 1973.

Obra editar

Traducións e antoloxías editar

  • Breve antología de la poesía china (Revista de Occidente, 1948)
  • Cuentos chinos de tradición antigua (Espasa Calpe, Buenos Aires, 1948)
  • Cuentos humorísticos orientales (Espasa Calpe, 1954)
  • Segunda antología de la poesía china (Revista de Occidente, 1962)
  • Poesía china: Del siglo XXII a.C. a las canciones de la Revolución Cultural (Alianza, 1973)
  • El espejo antiguo y otros cuentos chinos (Espasa Calpe, 1983)

Memorias editar

  • La China que viví y entreví. La línea del horizonte, 2021. Edición de Marisa Peiró.

Notas editar

  1. de Juan 2021.
  2. Fernández Arias, Adelardo (5 de febreiro de 1912). "Hablando con Liju Juan". Heraldo de Madrid (en castelán) (7738) (Archivo China-España). p. 1. Consultado o 1 de xuño de 2023. 
  3. Pavón-Belizón, Manuel. "Marcela de Juan · Galería de personajes". Archivo China-España, 1800-1950 (en castelán). Consultado o 5 de xuño de 2023. 
  4. Ortega Spottorno, José (23 de setembro de 1981). "Marcela de Juan: coraje e inteligencia". El País (en castelán). Consultado o 5 de xuño de 2023. 
  5. Marchena, Domingo (23 de abril de 2021). "Las maravillosas hermanas Huang". La Vanguardia (en castelán) (Barcelona). Consultado o 5 de xuño de 2023. 
  6. Fernández Díaz-Cabal, Natalia (2016). "Una mirada historiográfica a los pioneros. Marcela de Juan". 1611. Revista de historia de la traducción (10). ISSN 1988-2963. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar