Mar de Mirtoon
O Mar de Mirtoon (grego: Mυρτώο Πέλαγος, Myrtoo Pelagos), é unha subdivisión do Mar Mediterráneo que se atopa entre as Cícladas e o Peloponeso. É descrito como a parte do Mar Exeo ao sur de Eubea, Ática e Argólida.[1] parte da masa de auga do Mar Negro chega ao mar de Mirtoon, transportada a través do mar Exeo.(Saundry, Hogan & Baum. 2011)
Mar de Mirtoon (o mar de Mirtilos, Mirtoico o Myrteno) | |
---|---|
Mυρτώο Πέλαγος - Myrtöo Pelagos | |
Localización administrativa | |
Estado | ![]() |
División | Periferias de Ática, Peloponeso e Exeo meridional |
Subdivisión | Prefecturas de Laconia, Argólida, Arcadia, Laconia, Cícladas e Ática |
Localización xeográfica | |
Océano / Mar | Mar Exeo (mar Mediterráneo) |
Continente | Europa |
Arquipélago | Illas Cícladas |
Illa/s | Ceos, Kythnos, Serifos, Sifnos e Milos |
Xeografía | |
Mares contiguos | Mar Xónico e mar de Creta |
Illas interiores | Spetses (27´12 km²), Hidra (64´44 km²), Dokos, Falkonera (1´29 km²), Karavi e Velopoula (1´86 km²). |
Características | |
Mapa | |
![]() Localización do mar de Mirtoon (este mar non aparece en moitos mapas modernos; segundo os antigos, atópase entre as Cícladas e a gran península do Peloponeso). | |
O Golfo Sarónico, o golfo de Atenas, sitúase entre a Canle de Corinto e o Mar de Mirtoon.
Dise que foi nomeado despois de que o mítico heroe Mirtilo, que fora lanzado a este mar por un enfurecido Pélope. O nome tamén estivo relacionado co da doncela Mirto. Tamén se di que deriva o seu nome dunha pequena illa chamada Mirtus. [Cómpre referencia]
NotasEditar
- ↑ "Archived copy". Arquivado dende o orixinal o 12 de marzo de 2007. Consultado o 31 de agosto de 2006.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mar de Mirtoon |
ReferenciasEditar
- Horacio fai referencia ao Mare Myrtoum no Liber I, Carmen I, liña 14 ("Ad Maecenatem").[1]
- Plinio o Vello (IV, 11. s. 18) considera que Mirtoon é unha parte do Eceo.
- Estrabón distingue entre o Mirtoon e o Exeo; Estrabón escribíu que o Exeo termina no promontorio de Sunio, na Ática.