Falkonera
Falkonera, (grego: Φαλκονέρα) ou Gerakoulia (Γερακούλια) é unha pequena illa grega deshabitada no suroeste do mar Exeo, entre a illa de Milos e o Peloponeso. Aínda que fóra do Golfo Sarónico, en xeral inclúese entre as Illas Sarónicas.
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Grecia | |||
Axencia gobernamental | administración descentralizada de Ática | |||
Periferias | Periferia de Ática | |||
Poboación | ||||
Poboación | 0 (0 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Superficie | 1,29 km² | |||
Medición | 0,8 () × 2,2 () km | |||
Bañado por | Mar Exeo | |||
Altitude | 183 m | |||
Xeografía
editarFalkonera atópase no Mar de Mirtos, é administrada como parte da Unidade periférica das illas, que forma parte do municipio de Spetses.. As illas máis próximas son Antimilos 30 quilómetros ao leste, Velopoula 38 km ao noroeste e Milos 42 km ao oeste. Spetses atópase a 78 km ao noroeste e o Peloponeso 70 km ao oeste. O illote marca a cima dun macizo tectónico con dirección ONO-ESE, que separa a conca do Mar de Mirtos ao norte da conca de Creta, ao sur.[1]
No leste da illa está o cabo chamado Panaghia ton revmaton (Παναγιά των Ρευμάτων), que significa "Virxe das correntes", e no que hai un faro que foi destruído polos alemáns en 1941 e reconstruído logo da segunda guerra mundial. O punto máis alto da illa é de 183 metros sobre o nivel do mar.[2]
Situada no cruzamento das rutas de navegación O Pireo-Chania e Cabo Malea-Esmirna, considérase un perigo para a navegación debido ás fortes correntes circundantes.[2]
Historia
editarO nome "Falkonera" deriva do italiano "Falconeria", que significa "lugar dos falcóns". Este é tamén o significado do nome grego alternativo, Gerakoulia.
Durante a revolución grega, a illa serviu como punto de unión dos escuadróns de Andreas Miaoulis e Dimitrios Sachtouris antes da campaña de Milos.[3]
Na madrugada do 8 de decembro de 1966, o transbordador SS Heraklion, no camiño da Chania ao Pireo, afundiuse fronte á costa de Falkonera, como resultado perdéronse 217 vidas, 47 superviventes chegaron a Falkonera.[4] Coñecido como o "naufraxio de Falkonera", considérase un dos peores accidentes marítimos da historia grega.[5]
Falkonera forma parte da rede Natura 2000 co código de GR3000011, xunto coas illas próximas deshabitadas de Velopoula e Ananes.[6] a illa ten dúas zonas de vexetación, unha zona da costa tolerante ao sal e unha zona fora do alcance de néboa salina do tipo denominada phrygana en Grecia, e máis en xeral garriga.[7]
Referencias
editar- ↑ Noted by P. Nomikou, D. Papanikolaou, M. Alexandri, "Submarine volcanoes along the Aegean Volcanic Arc", in Tectonophysics, 2012 (inglés)
- ↑ 2,0 2,1 "NISIS FALKONERA". Marine World Database. Arquivado dende o orixinal o 10 de abril de 2013. Consultado o 17 de marzo de 2013.
- ↑ Gordon, Thomas (1844). History of the Greek revolution (2 ed.). W. Blackwood. p. 209. Consultado o 17 de marzo de 2013.
- ↑ Norman Hooke (May 1997). Maritime casualties, 1963-1996. LLP. p. 272. ISBN 978-1-85978-110-4. Consultado o 14 March 2013.
- ↑ Papapostolou, A. (December 10, 2010). "Falkonera Shipwreck’s 44th Anniversary". Greek Reporter. Consultado o 17 March 2013.
Yesterday, December 8th, marked the 44th anniversary of one of the worst maritime accidents in Greece, widely known as “Falkonera Shipwreck”.
- ↑ Natura 2000 GR3000011[Ligazón morta]
- ↑ Biological character of Falkonera and associated islands.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Falkonera |