Illas Sarónicas
As illas Sarónicas (grego Σαρωνικά Νησιά Saronikà Nisià) son un grupo de illas situadas no golfo Sarónico, que se abre entre as rexións gregas da Ática e do Peloponeso. As principais illas habitadas deste grupo son Salamina (onde a armada grega derrotou aos persas na famosa batalla de Salamina), Exina, Angistri e Poros. As illas de Hidra e Dokos, situadas diante da costa da Argólida, no Peloponeso (e que en realidade se atopan entre o golfo Sarónico e o golfo Argólico), ás veces tamén son consideradas parte das illas Sarónicas, e entón este conxunto adóitase chamar illas Argosarónicas (en grego Αργοσαρωνικά Νησιά, Argosaronikà Nisià).
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/a/a5/Saronic_Gulf_map-fr.svg/220px-Saronic_Gulf_map-fr.svg.png)
Moitos gregos do continente teñen segundas residencias nestas illas, que están comunicadas con servizos regulares de ferris desde os portos do Pireo e do Peloponeso.