Abrir o menú principal

María Jesús San Segundo

(Redirixido desde "María Jesús Sansegundo")

María Jesús San Segundo Gómez de Cadiñanos, nada en Medina del Campo (Valladolid), o 25 de marzo de 1958 e finada en Madrid o 17 de decembro de 2010, foi economista especializada eneducación e Ministra de Educación e Ciencia de España desde o 17 de abril de 2004 ata o 11 de abril de 2006.

María Jesús San Segundo
María Jesús San Segundo.jpg
Nacemento25 de marzo de 1958
 Medina del Campo
Falecemento17 de decembro de 2010
 Madrid
Causacancro
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade do País Vasco e Universidade de Princeton
Ocupaciónpolítica, diplomática, catedrática e economista
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

María Jesús San Segundo cursou estudos en Burgos e en 1980 licenciouse en Ciencias Económicas na Universidade do País Vasco, con Premio Nacional de Terminación de Estudos. En 1982 completou o mestrado en Economía na Universidade de Princeton (Nova Jersey), e alí obtivo, en 1985, o Doutoramento en Economía coa tese titulada Empirical Studies of Quality of Schooling.[1]

Á marxe da política, a súa carreira estivo vencellada ó mundo da educación. Antes de ser nomeada ministra era vicerreitora da Universidade Carlos III de Madrid, á que seguía unida, ata a súa morte, como profesora.

Na UniversidadeEditar

Foi bolseira do Centro de Formación do Banco de España entre 1982 e 1984 e profesora titular de Economía nas Universidades do País Vasco e Carlos III de Madrid. Entre 1994 e 1996 desempeñou o cargo de asesora do Secretario de Estado de Universidades e Investigación e entre 2000 e xaneiro de 2004 foi vicerreitora de Estudantes na Universidade Carlos III de Madrid.[1]

María Jesús San Segundo foi tamén vicepresidenta da Asociación de Economía da Educación (AEDE), membro do Comité Executivo da European Access Network e membro do Advisory Committee for the Centre for Research in Lifelong Learning (UK). Formou parte do Consello Asesor do Journal of Widening Participation e de Facenda Pública Española.[1]

Foi autora de varias publicacións e numerosos artigos sobre economía da educación, financiamento da ensino, avaliación do sistema educativo, rendemento académico, igualdade de oportunidades e acceso ao ensino etc.

Carreira políticaEditar

En 2002 foi designada vogal do Consello de Coordinación Universitaria, polo Congreso dos Deputados a proposta do Partido Socialista Obreiro Español (PSOE), e en xaneiro de 2004 foi designada membro do comité de asesoramento ao candidato á Presidencia do Goberno, José Luis Rodríguez Zapatero, co labor de colaborar no deseño do modelo do futuro goberno socialista, no seu código ético e nas súas prioridades.[1]

Tralas eleccións xerais de 2004, San Segundo é nomeada Ministra de Educación e Ciencia. Durante esta etapa centrou o seu labor en dúas grandes reformas educativas, a Lei Orgánica de Educación (LOE), aprobada no Congreso dos Deputados o 6 de abril de 2006, e a modificación parcial da Lei Orgánica de Universidades (LOU).[1]

O 7 de abril de 2006 anunciouse a súa substitución do cargo por Mercedes Cabrera Calvo-Sotelo por mor da remodelación do Goberno trala dimisión de José Bono. A súa substitución fíxose efectiva o 11 de abril de 2006.[1]

Tras a súa saída do Goberno de España, María Jesús San Segundo foi nomeada embaixadora-representante permanente de España ante a UNESCO, cargo político que desempeñou ata o 16 de novembro de 2010, un mes antes do seu falecemento, cando foi substituída por Ion de la Riva Guzmán de Frutos.


Predecesor:
Pilar del Castillo
  
Ministra de Educación e Ciencia de España
 
2004 - 2006
Sucesor:
Mercedes Cabrera Calvo-Sotelo

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 "María Jesús San Segundo centró su labor en sacar adelante la LOE". 20minutos.es. EFE. 7 de abril de 2006. Consultado o 5 de abril de 2013.