Pilar del Castillo

política española

Pilar del Castillo Vera, nada en Nador (Marrocos) en 1952, é unha política española. Foi ministra de educación e cultura entre 2000 e 2004 e directora do Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS) entre 1996 e 2000.

Infotaula de personaPilar del Castillo

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(es) Pilar del Castillo Vera Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento31 de xullo de 1952 Editar o valor em Wikidata (71 anos)
Nador, Marrocos (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Eurodeputada
Representa: Partido Popular

2 de xullo de 2019 –

Circunscrición electoral: España

Eurodeputada
Representa: Partido Popular

1 de xullo de 2014 – 1 de xullo de 2019

Circunscrición electoral: España

Eurodeputada
Representa: Partido Popular

14 de xullo de 2009 – 30 de xuño de 2014

Circunscrición electoral: España

Eurodeputada
Representa: Partido Popular

20 de xullo de 2004 – 13 de xullo de 2009

Circunscrición electoral: España

Deputada de España
30 de marzo de 2004 – 2 de xullo de 2004 – José Luis del Ojo Torres →

Circunscrición electoral: Granada (en) Traducir

Ministerio de Educación, Cultura e Deporte de España
27 de abril de 2000 – 18 de abril de 2004
← Mariano RajoyMaría Jesús San Segundo →
Catedrático de universidade
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid
Universidade Estatal de Ohio Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Estrasburgo
Bruxelas
Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítica Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Popular (2001–)
Communist Organization of Spain (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Premios

Facebook: PilardelCastilloOficial Twitter: delcastillop Youtube: UCfezKYnAnOnMDBHKFnFKCFg Dialnet: 2614616 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Licenciouse en dereito pola Universidade Complutense de Madrid en 1974. En 1980 obtivo unha bolsa do Programa Fulbright para cursar un mestrado en Ciencia Política na Universidade Estatal de Ohio nos Estados Unidos. Doutorouse en dereito pola Universidade Complutense en 1983 e o ano seguinte obtivo o premio do Centro de Investigacións Sociolóxicas pola súa tese de doutoramento "La financiación de partidos políticos en las democracias occidentales".

En 1986 obtivo a praza de profesora titular de dereito constitucional na Universidade Nacional de Educación a Distancia e en 1994 a de catedrática en Ciencias Políticas e da Administración. De 1995 a 1996 dirixiu Nueva Revista de Política, Cultura y Arte, editada por Antonio Fontán.

Entre 1996 e 2000 dirixiu o Centro de Investigacións Sociolóxicas e en 2000 foi nomeada Ministra de Educación, Cultura e Deporte.[1] Durante o seu mandato aprobáronse, entre outras, os reais decretos de ensinanzas comúns, a Lei Orgánica de Formación Profesional, a Lei Orgánica de Calidade da Educación a Lei do Cinema, a Lei do Museo do Prado e a Lei Orgánica de Universidades, que provocou as maiores manifestacións estudantís desde a transición, cun número de 100 000 estudantes e profesores protestando en todo o estado o 1 de decembro de 2001.[2] As ampliacións do Museo do Prado e do Museo Raíña Sofía desenvolvéronse en boa parte durante a súa xestión, así como o Museo do Traxe.

En xuño de 2004 foi elixida eurodeputada.

Publicacións editar

  • La financiación de partidos y candidatos en las democracias occidentales, Madrid, Centro de Investigacións Sociolóxicas, 1985.
  • Comportamiento político y electoral (Eds), Madrid, Centro de Investigacións Sociolóxicas, 1994.
  • Cultura y política (Ed), Valencia, Tirant lo Blanch, 1997.
  • La Financiación de la Política en Iberoamérica (Ed), San José de Costa Rica, Instituto Interamericano de Derechos Humanos, Centro de Asesoría y Promoción Electoral, 1998.

Vida persoal editar

Del Castillo é afeccionada á pintura. O cadro como ministra da galería de retratos do Ministerio de Educación e Ciencia é un autorretrato.[3]

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar


Predecesor:
Mariano Rajoy
  
Ministra de Educación e Cultura de España
 
27 de abril de 2000-18 de abril de 2004
Sucesor:
María Jesús San Segundo
(Educación)
Carmen Calvo
(Cultura)