Cuqui Piñeiro

escultora galega
(Redirección desde «María Cruz Piñeiro Álvarez»)

María Cruz Piñeiro Álvarez, nada en Goián (Tomiño) o 25 de abril de 1960,[1] é unha empresaria e escultora galega máis coñecida como Cuqui Piñeiro.[2]

Cuqui Piñeiro
Nacemento25 de abril de 1960
Lugar de nacementoGoián
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónescultora e fundidora
PaiXoán Piñeiro Nogueira
Coñecida porMuller con galiñas
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Filla do escultor e artista galego Xoán Piñeiro Nogueira[3] e licenciada en Xeografía e Historia en 1983, especialidade en Arte Moderna, pola Universidade de Santiago de Compostela, dirixe a fundición de bronce Arte Bronce Fundición[4] e a galería de arte co mesmo nome,[5] compaxinado coa súa faceta como artesá fundidora de esculturas de bronce, con propósito de destacar o oficio de broncista,[2] na que desenvolve a súa propia obra creativa en pezas únicas, deseños e series de figuras, animais e formas extraídas da propia natureza. Foi comisaria de diversas exposicións como a Exposición II Bienal de Artistas Galegas (Casa dás Artes. Concello de Vigo), a Exposición Xoán Piñeiro 1920-1980 (Castelo de Soutomaior, Deputación Provincial de Pontevedra), ambas as dúas en 1990 ou a tamén dedicada ao seu pai, na Casa dos Alonso da Guarda en 2013, entre outras.[3]

Galería editar

Notas editar

  1. Dirección Xeral do Servizo Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller (ed.). "Cuqui Piñeiro Álvarez". DIRECTORIO DE MULLERES EXPERTAS. Consultado o 5 de marzo de 2019. 
  2. 2,0 2,1 Sotelino, B. R. (6 de abril de 2008). "La escultura en bronce es un reto que acaba enganchando". La Voz de Galicia. Consultado o 12 de abril de 2016. 
  3. 3,0 3,1 González, Eva (14 de xullo de 2013). "El alma de Xoán Piñeiro late en A Guarda". Faro de Vigo. Consultado o 12 de abril de 2016. 
  4. "Coñecemos o taller de fundición de bronce de Cuqui Piñeiro" (en galego1=13 de xuño de 2011). Corporación Radio e Televisión de Galicia. Arquivado dende o orixinal o 05 de maio de 2016. Consultado o 12 de abril de 2016. 
  5. "La primera galería de arte de A Guarda incluye una exposición permanente". Faro de Vigo. 13 de xullo de 2008. Consultado o 12 de abril de 2016. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar