María Adelaida de Luxemburgo

María Adelaida de Nassau-Weilburg e Bragança (Marie Adélaïde Thérèse Hilda Wilhelmine de Nassau-Weilburg), nada en Colmar-Berg o 14 de xuño de 1894 e finada en Lenggries o 24 de xaneiro de 1924, foi a filla primoxénita do Gran Duque Guillerme IV de Luxemburgo e converteuse en monarca (a primeira muller no país) á morte do seu pai o 25 de febreiro de 1912.

Infotaula de personaMaría Adelaida de Luxemburgo

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento14 de xuño de 1894 Editar o valor em Wikidata
Castelo de Berg, Luxemburgo (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte24 de xaneiro de 1924 Editar o valor em Wikidata (29 anos)
Schloss Hohenburg (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Causa da mortegripe Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCatedral de Notre-Dame de Luxemburgo (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Gran duque de Luxemburgo
25 de febreiro de 1912 – 14 de xaneiro de 1919
← Guilherme IV de Luxemburgo (pt) TraducirCarlota de Luxemburgo → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeLuxemburgo Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonxa Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua alemá, Lingua luxemburguesa, lingua francesa e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Orde relixiosaOrde de Santa María do Monte Carmelo Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloPrincess of Luxembourg (en) Traducir
Gran Duquesa
Prince of Nassau (en) Traducir
Grand Duchess of Luxembourg (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
FamiliaCasa de Nassau-Weilburg (pt) Traducir e Dinastia Nassau (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisGuilherme IV de Luxemburgo (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Maria Ana de Bragança, Grã-duquesa do Luxemburgo (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsCarlota de Luxemburgo, Sofia de Luxemburgo (pt) Traducir, Antonieta de Luxemburgo (pt) Traducir, Hilda de Luxemburgo (pt) Traducir e Isabel de Luxemburgo (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Von_Nassau-Weilburg-14 Find a Grave: 20426 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Primeiros anos editar

María Adelaida naceu no castelo de Berg en Luxemburgo, sendo a primeira filla do Gran Duque Guillerme IV e a Gran Duquesa María Ana. Tivo outras cinco irmás: Carlota Aldegonde Isabel María Guillermina (nada en 1896), Hilda Sofía María Adelaida Guillermina (nada en 1897), Antonia Roberta Sofía Guillermina (nada en 1899), Isabel María Guillermina (nada en 1901), e Sofía Carolina María Guillermina (nada en 1902). Como o seu pai non tivo ningún fillo varón, María Adelaida foi proclamada herdeira o 10 de xullo de 1907, co fin de resolver calquera crise de sucesión debido á existencia da lei sálica.

Gran Duquesa de Luxemburgo editar

Converteuse en Gran Duquesa de Luxemburgo o 25 de febreiro de 1912 cando faleceu o seu pai, Guillerme IV, con 17 anos de idade e converténdose na primeira muller en ser Gran Duquesa de Luxemburgo. A súa nai foi a rexente ata que cumpriu os dezaoito anos o 14 de xuño de 1912.

María Adelaida estaba moi interesada na política e tivo un papel moi activo no goberno luxemburgués. Era unha devota católica, con fortes conviccións relixiosas e opinións políticas moi conservadoras. O mesmo día da súa chegada ao trono, rexeitou asinar unha lei que reducía o papel dos presbíteros católicos no sistema educativo.[1] Máis tarde, en 1915, dubidou antes de designar os alcaldes de Differdange e Hollerich, ambos coñecidos polas súas ideas anticlericais.[2]

Durante a primeira guerra mundial mantivo boas relacións cos ocupantes alemáns, incluíndo aloxar o káiser Guillerme II no palacio e permitindo que o Kronprinz alemán establecese os seus cuarteis militares temporais na cidade de Luxemburgo,[3] actitude que a fixo moi impopular entre a poboación luxemburguesa. A finais de 1916, a gran duquesa causou controversia por disolver a cámara de deputados para solucionar o punto morto que afrontaba o gabinete Loutsch, composto por membros do Partido da Dereita e non tiña maioría na cámara.[2] María Adelaida ordenou a disolución e realizáronse novas eleccións o 23 de decembro de 1916.[2] Esta acción estaba permitida pola constitución, pero era pouco convencional e provocou protestas e resentimentos entre os socialistas e os liberais no parlamento, que o viron como unha especie de golpe de estado.[2]

Tralo conflito, en xaneiro de 1919, algúns voces dende o parlamento demandaron a súa abdicación. O 9 dese mes, un grupo de parlamentarios socialistas e liberais proclamaron publicamente unha república tras perder unha votación no parlamento para abolir a monarquía, unha situación que foi seguida por axitacións nas rúas que mesmo requiriron a intervención do exército francés para restaurar a orde.[3] Baixo fortes presións nacionais e internaicionais e tras consultar co primeiro ministro, a gran duquesa, de vinte e catro anos, decidiu abdicar o 14 de xaneiro de 1919. Foi sucedida pola súa irmá Carlota.[4]

Vida trala abdicación editar

 
Monograma.

Despois da súa abdicación exiliouse vaixando por toda Europa. Ingresou nun convento carmelita de Módena (Italia) en 1920 e máis tarde uniuse á Irmás dos pobres en Roma, tomando o nome de "Irmá María dos Pobres". Con todo, a súa saúde, que empeoraba, non lle permitiu continuar como monxa e tivo que abandonar o convento. Mudouse entón ao Schloss Hohenburg en Baviera, onde morreu de gripe en 1924.

O 22 de outubro de 1947 o seu corpo foi soterrado na cripta gran ducal da catedral de Notre Dame de Luxemburgo.

Antergos editar

Predecesor:
Guillerme IV
 
Gran Duquesa de Luxemburgo

1912-1919
Sucesor:
Carlota

Notas editar

  1. Péporté, Pit (2010). Inventing Luxembourg: representations of the past, space and language from the nineteenth to the twenty-first century. BRILL. p. 90. ISBN 90-04-18176-8. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Thewes, Guy (2011). Les gouvernements du Grand-Duché de Luxembourg depuis 1848 (PDF) (en francés). Service Information et Presse. p. 65. ISBN 978-2-87999-212-9. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 11 de xaneiro de 2017. Consultado o 08 de marzo de 2019. 
  3. 3,0 3,1 "Marie-Adélaïde - Cour Grand-Ducale de Luxembourg - Les Souverains". www.monarchie.lu (en francés). Consultado o 2 de xaneiro de 2016. 
  4. Bio of Marie Adelaide von Nassau-Weilburg – website Find a Grave

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • O'Shaughnessy, Edith. Marie Adelaide, Grand Duchess of Luxemburg, Duchess of Nassau. Nova York: Jonathan Cape e Robert Ballou, 1932.
  • Schous, Marie. Marie Adelheid van Nassau, Groothertogin van Luxemburg. 's Hertogenbosch: G. Mosmans, 1931.
  • Zenner, Theodor. Marie Adelheid: Lebensbild der verstorbenen Grossherzogin von Luxemburg. 1925
  • Marburg, Theodor. The Story of a Soul. Philadelphia: Dorrance, 1938.
  • Leighton, Isabel, e Bertram Bloch. Marie-Adelaide: A Play. Nova York: Rialto Service Bureau.

Ligazóns externas editar