Manuel Seoane París

guitarrista español

Manuel Seoane París, nado en Madrid o 18 de marzo de 1987, é un guitarrista de rock e heavy metal madrileño, de orixe galega.[1]

Infotaula de personaManuel Seoane París
Biografía
Nacemento18 de marzo de 1987 Editar o valor em Wikidata (37 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónguitarrista , compositor Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoMúsica rock Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
InstrumentoGuitarra Editar o valor em Wikidata

Páxina webmanuelseoane.ne Editar o valor em Wikidata
Musicbrainz: a277564a-f5e4-4c19-bc2f-4cb1f5e84457 Songkick: 1525465 Discogs: 4290195 Editar o valor em Wikidata

Fíxose coñecido como guitarrista de Ars Amandi e en 2009 creou o seu propio grupo, chamado Burning Kingdom. Posteriormente formou parte de Lujuria durante un par de anos e en 2016 entrou nas bandas Bürdel King, proxecto de Txus di Fellatio paralelo a Mägo de Oz, e Sinbreed, con varios membros de Blind Guardian.

Dende 2018 é membro oficial de Mägo de Oz e dende 2020 tamén do supergrupo Alderaan.

Traxectoria editar

Inicios editar

Naceu en Madrid no seo dunha familia galega, orixinaria do concello de Vilasantar.[2] Aos 8 anos de idade ingresou na canteira do Real Madrid, permanecendo no equipo catro anos, antes de fichar polo Atlético de Madrid. Pronto substituíu o fútbol pola súa outra gran paixón: a música. O seu pai comproulle a súa primeira guitarra e aos 13 anos formou o seu primeiro grupo, Amianto, xunto ao seu irmán máis vello, Brais, o baixista David Noisel, e dous compañeiros máis.[3] Comezou estudando flamenco, estivo en varias academias de música e recibiu clases de guitarra eléctrica durante anos de Tony Hernando, guitarrista entre outros de Saratoga.[3] Ademais traballou dende os 19 anos no taller de fabricación de Guitarras Ramírez, empresa que anos máis tarde lle puxo o seu apelido á primeira guitarra eléctrica da marca, o Modelo Seoane.[4]

En 2005 publicou a súa primeira maqueta como solista. Levaba por título Into My Universe, e constaba de cinco cortes totalmente instrumentais e un cantado por el mesmo.[5]

Ars Amandi e Ibero American Guitar Masters (2006-2009) editar

En 2006 entrou xunto a Noisel na banda Ars Amandi, liderada polo abulense Dani Aller. Tras os seus primeiros concertos por toda a xeografía española coa nova formación, o quinteto entrou aos estudos "El Cielo" de Madrid para gravar o cuarto traballo da banda (o primeiro a nivel profesional para Manuel Seoane), que levou por título Desterrado entre sueños, producido por Manolo Arias e editado por Pies Records.[6] O disco levounos a unha longa xira por España e por practicamente todos os grandes festivais estatais. Ao remate da xira, a banda entrou nun período de inactividade por problemas coa compañía discográfica.[7]

En 2009 e aproveitando a parada da banda española, Manuel Seoane foi chamado a compartir escenario co guitarrista arxentino Pablo Soler, na que foi a primeira gran xira internacional de Seoane. A xira, chamada Ibero American Guitar Master, abrangueu Arxentina, Bolivia, Chile, o Uruguai, o Paraguai e Ecuador ao longo de dous meses.

Á súa volta do continente americano, no ano 2010, e antes de embarcarse no seu proxecto en solitario, gravou un disco máis para Ars Amandi. Este levou por título El rincón de los deseos e nesta ocasión foi producido por Jorge Escobedo, guitarrista da banda Söber, nos Estudos Oasis, en Madrid. En marzo de 2010, tras o concerto de presentación na capital española, Seoane decidiu abandonar a banda.[8]

Burning Kingdom (2009-2014) editar

A finais de 2008 deu forma á súa propia banda con Dagarod García como vocalista. O primeiro álbum da banda, Livin' Now, foi gravado nos Estudos Rimshot, situados en Pozuelo de Alarcón. Cun estilo máis próximo ao hard rock, constou de nove temas, sete deles en inglés e dous instrumentais, compostos todos excepto un polo propio Seoane.[9] Saíu á venda o 11 de xuño de 2009 vía DFX Records. Percorreron o país nunha xira e fixeron de abreconcertos para L.A. Guns nalgúns concertos en Europa. Ademais o disco foi distribuído no Xapón por Hitman Records.[9]

A banda regresou aos estudos Rimshot no verán de 2010 para comezar a gravar o seu segundo álbum, que saíu á venda en febreiro de 2011 co nome "Down to the Road". Nesta ocasión a produción correu a cargo do propio Manuel Seoane e foi editado por Santo Grial Producciones.[10] Foi distribuído de novo no Xapón por Hitman Records. O quinteto saíu de novo á estrada ao longo de 2011 para presentar o álbum en España, pero cara a setembro comezou a haber algunhas discrepancias entre Seoane e algúns dos seus compañeiros. En decembro deron o seu último concerto coa formación que ata entón constituía a banda, cambiando logo Seoane a todos os músicos.

Foi a Suecia en busca de músicos escandinavos á vez que comezou a escribir cancións para un terceiro disco. Deste xeito recrutou a Johnny Benson para o posto de batería, a Joacin Sandin para o baixo e a Rasmus Ehrborn para a guitarra rítmica e os teclados.[11] En xaneiro de 2013 confirmouse que o novo cantante sería o norteamericano Danny Vaughn, procedente da banda neoiorquina Tyketto.[12] O 12 de setembro dese mesmo ano lanzouse o seu primeiro sinxelo "Watching As It Burns", acompañado dun videoclip feito e dirixido por Mario Ruiz e a súa compañía Krea Films. O disco, titulado Simplified, foi producido por David Martínez e saíu á venda en toda Europa e no Xapón simultaneamente en outubro, acompañado dunha gran campaña promocional e unha extensa xira.[13] En España só chegaron a tocar en Madrid, Barcelona e Villena, dentro do festival Leyendas del Rock.[14] Dende 2014 o grupo entrou nun período de inactividade.

Lujuria (2013-2015) editar

Paralelamente ao seu traballo con Burning Kingdom, Seoane uniuse a Lujuria como guitarrista solista, substituíndo a Julito, que se viu obrigado a deixar a banda por mor dunha enfermidade. Debutou con dita banda en xullo de 2013 en Portugal ante máis de 10.000 persoas nunha noite na que compartiron escenario con Saratoga e Saxon. Despois deste concerto viñeron unha longa lista de festivais e concertos por España, Ecuador, Costa Rica, México e máis países latinoamericanos. En decembro de 2014 a banda ingresou nos estudios Traste Cero para gravar un EP titulado Esta noche manda mi polla. Constou de catro temas, coa música composta integramente por Seoane, correndo as letras a cargo de Óscar Sancho. Saíu á venda en febreiro de 2015 co selo Maldito Records.[15] En xuño de 2015 a banda e o guitarrista decidiron separar os seus camiños, dando o seu último concerto xuntos en Ávila.

Sinbreed e Bürdel King (2016-actualidade) editar

En 2016 incorporouse a dúas bandas: Bürdel King, liderada por Txus di Fellatio, batería e líder de Mägo de Oz, e o grupo alemán Sinbreed, formado por varios membros de Blind Guardian e onde entrou substituíndo a Marcus Siepen.[16]

En outubro dese mesmo ano publicou con Bürdel King o disco Si Dios está en todas partes… ¡Fuego a discreción!.[17] En 2018 publicouse o cuarto disco de Sinbreed, o primeiro con Manuel Seoane na guitarra, titulado IV.[18]

Mägo de Oz (2018-actualidade) editar

En novembro de 2018 Mägo de Oz anunciou oficialmente a través da súa páxina web que Manuel Seoane pasaría a formar parte da banda permanentemente como terceiro guitarrista.[19] Levaba colaborando con eles dende 2012, cando participou no seu disco Hechizos, pócimas y brujería, e dende entón colaborou en varios traballos máis do grupo.[20] En 2019 publicaron o disco Ira Dei, o primeiro con Seoane como membro oficial.[21]

Alderaan (2020-actualidade) editar

A finais de 2020 anunciouse a formación dun novo supergrupo, integrado polos guitarristas Manuel Seoane e Pablo García (WarCry), o batería Txus di Fellatio (Mägo de Oz, Bürdel King), a vocalista Patricia Tapia (Mägo de Oz), o baixista Niko del Hierro (Saratoga, Ñu, Barón Rojo) e o teclista galego Manuel Ramil (WarCry, Avalanch).[22]

En solitario (2017-actualidade) editar

En mazo de 2017 publicou o seu primeiro disco en solitario, de título Insanity. Constou de 11 temas, todos eles instrumentais.[23][24]

Colaboracións editar

Ten colaborado con numerosos grupos e artistas como Mercury Rex, Gauntlet, Ánima Barroca, Sacramento ou Debler, ademais de en varios álbums de Mägo de Oz, antes de entrar a formar parte oficialmente da banda. En 2016 participou na gravación da terceira parte da ópera rock Legado de una tragedia e en 2019 tamén da cuarta, que levou por subtítulo El secreto de los templarios.

Escolas de música editar

En 2015 abriu no distrito madrileño de Chamberí unha academia de guitarra chamada Rock Guitar Experience.[25] En 2018 abriu na Coruña outra academia de guitarra co mesmo nome.[1]

Discografía editar

En solitario editar

  • Into My Universe (2005, maqueta)
  • Insanity (2017).

Ars Amandi editar

  • Desterrado entre sueños (2006)
  • El rincón de los deseos (2010)

Burning Kingdom editar

  • Livin' Now (2009)
  • Down To The Road (2011)
  • Simplified (2013)

Lujuria editar

  • Esta noche manda mi polla (2015)

Bürdel King editar

  • Si Dios está en todas partes… ¡Fuego a discreción! (2016)

Sinbreed editar

  • IV (2018)

Mägo de Oz editar

  • Ira Dei (2019)
  • Bandera negra (2021)

Colaboracións editar

  • SouthAfrica World Cup (2010)
  • Aor Fo Japan (Recompilatorio, 2011)
  • Instinto Animal (Mercury Rex, 2012)
  • Stubburn (Gauntlet, 2012)
  • Hechizos, pócimas y brujería (Mägo de Oz, 2012)
  • El Camino de Hades (Ánima Barroca, 2012)
  • Celtic Land (Mägo de Oz, 2013)
  • A Sangre y Fuego (Sacramento, 2014)
  • Finisterra Opera Rock (Mägo de Oz, 2015)
  • Legado de una tragedia III (Varios, 2016)
  • Diabulus in Opera (Mägo de Oz, 2017)
  • Adictium (Debler, 2019)
  • Legado de una tragedia IV: El secreto de los templarios (Varios, 2019)

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "RGE A CORUÑA". rockguitarexperience.com (en castelán). Consultado o 6 de abril de 2021. 
  2. Veciños San Vicente (Vilasantar, A Coruña) (Youtube). 22 de abril de 2019. Consultado o 6 de abril de 2021. 
  3. 3,0 3,1 "MANUEL SEOANE: “Las armonías de Mozart o Paganini son las que se aplican al heavy y al rock”" (en castelán). 30 de decembro de 2009. Consultado o 6 de abril de 2021. 
  4. Torres, Alberto (30 de xaneiro de 2022). "Manuel Seoane: “No dudé en coger mis guitarras y mudarme aquí”". El Ideal Gallego (en castelán). Consultado o 6 de xaneiro de 2024. 
  5. "Manuel Seoane - Into my Universe" (en castelán). 21 de febreiro de 2006. Consultado o 6 de abril de 2021. 
  6. ""Desterrado entre Sueños", nuevo álbum de Ars Amandi" (en castelán). 17 de agosto de 2006. Consultado o 6 de abril de 2021. 
  7. "Ars Amandi vuelve con un nuevo EP" (en castelán). 2 de xullo de 2015. Consultado o 6 de abril de 2021. 
  8. "ARS AMANDI: MANUEL SEOANE ABANDONA EL GRUPO" (en castelán). 25 de marzo de 2010. Consultado o 6 de abril de 2021. 
  9. 9,0 9,1 "Burning Kingdom - Livin' Now" (en castelán). 22 de xullo de 2009. Consultado o 6 de abril de 2021. 
  10. "Burning Kingdom : Down To The Road // Santo Grial Records" (en castelán). 13 de febreiro de 2011. Consultado o 6 de abril de 2021. 
  11. "Entrevista a Manuel Seoane de Burning Kingdom" (en castelán). 13 de novembro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 18 de abril de 2021. Consultado o 6 de abril de 2021. 
  12. "El cantante Danny Vaughn (TYKETTO) se une a la nueva banda BURNING KINGDOM del guitarrista Manuel Seoane" (en castelán). 18 de xaneiro de 2013. Consultado o 6 de abril de 2021. 
  13. "Portada y fecha de lanzamiento de Simplified, el nuevo disco de Burning Kingdom" (en castelán). 9 de setembro de 2013. Consultado o 6 de abril de 2021. 
  14. "BURNING KINGDOM tocarán en Madrid y Barcelona" (en castelán). 16 de xaneiro de 2014. Consultado o 6 de abril de 2021. 
  15. "LUJURIA – ESTA NOCHE MANDA MI POLLA" (en castelán). Consultado o 6 de abril de 2021. 
  16. "MANUEL SEOANE se une a los alemanes SINBREED" (en castelán). 31 de marzo de 2016. Consultado o 6 de abril de 2021. 
  17. "Burdel King – ‘Si Dios está en todas partes… ¡Fuego a discreción!’" (en castelán). 28 de outubro de 2016. Consultado o 6 de abril de 2021. 
  18. "Nuevo disco y tema de adelanto de Sinbreed" (en castelán). 2 de outubro de 2018. Consultado o 6 de abril de 2021. 
  19. "MÄGO DE OZ – Ya es oficial: Manuel Seoane se incorpora como tercer guitarrista a la banda" (en castelán). 1 de decembro de 2018. Consultado o 6 de abril de 2021. 
  20. "MÄGO DE OZ – Hechizos, Pócimas y Brujerías" (en castelán). 7 de decembro de 2012. Consultado o 6 de abril de 2021. 
  21. Kilmister, Irene (12 de marzo de 2019). "MÄGO DE OZ – Ira Dei" (en castelán). Consultado o 6 de abril de 2021. 
  22. "Alderaan, nueva banda con miembros de Warcry, Saratoga, Avalanch y Mägo de Oz" (en castelán). 6 de novembro de 2020. Consultado o 6 de abril de 2021. 
  23. "Crítica de Manuel Seoane – Insanity" (en castelán). 30 de setembro de 2017. Consultado o 6 de abril de 2021. 
  24. "Manuel Seoane" (en castelán). 22 de marzo de 2017. Consultado o 6 de abril de 2021. 
  25. "Rock Guitar Experience inaugura su escuela de guitarra con éxito de asistencia" (en castelán). 25 de marzo de 2015. Consultado o 6 de abril de 2021. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar