Sôber

Banda madrileña de rock alternativo

Sôber é unha banda madrileña de rock alternativo formada no ano 1994. O grupo editous 8 discos de estudio, sendo o máis exitoso Paradysso, que vendeu máis de 100.000 copias gañando un Disco de Platino.

Sôber
OrixeMadrid, España España
Período1994 - 2005
2010 - actualidade
Xénero(s)Rock alternativo
Metal alternativo
Selo(s) discográfico(s)Zero Records
Universal Music
MembrosAntonio Bernardini
Jorge Escobedo
Carlos Escobedo
Manu Reyes
Antigos membrosElías Romero
Luis Miguel Planelló
Alberto Madrid †
Na rede
www.soberweb.com
Facebook: oficialsober Twitter: SoberLastNews Spotify: 3Y2UMfxP15qisezhYgjTKN Last fm: Sôber Musicbrainz: f55d136a-1602-4a54-8efb-5cf44cea0ab1 Songkick: 53717 Discogs: 946450 Allmusic: mn0001916103 Editar o valor em Wikidata

Historia

editar

Comezos

editar

O grupo comezou formado polos irmáns Escobedo, Carlos e Jorge, voz e baixo o primeiro e guitarras o segundo, con Antonio Bernardini tamén ás guitarras e Elías Romeu á batería. Inicialmente o grupo chamouse Sober Stoned.[1] Comezaron cantando en inglés e en 1994 gravaron a súa primeira maqueta titulada Mirror's Way, que incluía 5 temas.

A comezos de 1997 lanzaron o seu primeiro disco oficial Torcidos, sendo este un álbum auto producido. Tras este disco unha nova canción, "La Prisión del Placer", publicouse nun recompilatorio da revista Heavy Rock.

Consolidación

editar

Trala aparición na revista o grupo gravou tres temas novos, esta vez xa co nome de Sôber, nos estudios Rocksoul. A produción correu a cargo do propio grupo e de Alberto Seara. O selo Zero Records foi finalmente o que contratou ao grupo. A finais de setembro de 1998 editaron un CD-EP titulado Condenado e en 1999 comezaron unha xira polo país. Ese mesmo ano gravaron xunto con Oscar Caravel o seu segundo álbum, titulado Morfología que incluía temas como Abstinencia, Loco, Predicador ou La Prisión del Placer.

 
Sôber en 2013.

Alberto Madrid substituíu a Luis Miguel Planelló na batería no ano 2000,[2] e o grupo lanzou o maxi-sinxelo Oxígeno como anticipo do novo disco que saíu á rúa en 2001, chamado Synthesis, tamén producido por Oscar Caravel e gravado nos estudios Kirios e Eurosonic. Algunhas cancións do álbum foron Versus, Se me marcho ou Esfera, entre outras. Synthesis está considerado coma un dos mellores discos de rock alternativo gravados en España.[Cómpre referencia]

O grupo comezou a compartir carteis con outros grupos máis coñecidos coma Deftones, Dover, Hamlet ou Him entre outros, sendo considerado grupo revelación trala súa actuación no Festimad. Tras unha xira realizaron o seu cuarto traballo de estudio, Paradysso, sendo o tema principal do disco Diez Años. Foi gravado para a discográfica Universal Muxxic nos estudios Cube por Alberto Seara e foi producido na súa totalidade por Sôber. Paradysso converteuse en número un das listas de música españolas[Cómpre referencia] e chegando a ser Disco de Platino. Ao disco acompañouno unha xira con máis de 100 concertos en 2 anos.

Logo de sacar á venda o disco Backstage 02/03, no que incluían cancións do concerto da Riviera en Madrid, o grupo gravou o seu quinto disco de estudio, Reddo, que significa reflexo en latín. Foi gravado e producido por eles mesmos nos seus estudios Cube de Madrid para Universal Muxxic, aínda que posteriormente foi mesturado nos Ánxeles con Scott Humphrey, que traballou con artistas e grupos coma Bon Jovi ou Metallica entre moitos outros. As letras e a maioría dos temas deste álbum foron compostos polo seu cantante e baixista, Carlos Escobedo.

Separación e reunión

editar
 
Antonio Bernardini en 2013

Despois de máis de 10 anos xuntos os membros do grupo decidiron separarse e tomar camiños separados pero paralelos, con dous novos grupos Savia (proxecto de Carlos coa colaboración de Antonio Madrid) e Skizoo (formado polos dous guitarristas de Sôber, Antonio e Jorge), pero como resumo da súa carreira publicaron recompilatorio titulado Grandes Exitos 1994-2004 coas súas cancións máis destacadas elixidas polos propios membros do grupo.[3]

O 30 de novembro de 2006 Alberto Madrid faleceu nun accidente automovilístico na estrada M-40 de Madrid,[4] e tras 6 anos de proxectos paralelos, o 1 de xaneiro do ano 2010 a banda anunciou a súa reunión con Manu Reyes na batería e editaron o álbum De aquí a la eternidad.

Membros

editar

Antigos membros

editar

Discografía

editar
 
Manu Reyes no Asaco Metal Fest 2013
  1. Escobedo, Carlos. "Personales: CARLOS ESCOBEDO Voz y Guitarra". Savia.ws. Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2010. Consultado o 1 de xaneiro de 2010. 
  2. Ligüebilis, Joris. "Biografía Alberto Madrid (6 de Xuño de 1971)". AlbertoMadrid.net. Arquivado dende o orixinal o 26 de xullo de 2010. Consultado o 01 de xaneiro de 2010. 
  3. "SÔBER: Grandes Éxitos 1994-2004". UniversalMusic.es. Arquivado dende o orixinal o 08 de xuño de 2011. Consultado o 01 de xaneiro de 2010. 
  4. "Muere Alberto Madrid, batería de Savia, en un accidente de tráfico". Los40.com. Arquivado dende o orixinal o 05 de xaneiro de 2010. Consultado o 01 de xaneiro de 2010. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar