Manuel Rei Romeu

político español

Manuel Rei Romeu, nado en Vilancosta (Berres, A Estrada) o 3 de marzo de 1964, é un escritor e crítico literario galego.

Manuel Rei Romeu
Nacemento3 de marzo de 1964
 Berres
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Estudou Filoloxía Galego-Portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela, onde se acrecentará o seu interese polas figuras máis relevantes da literatura galega. Na actualidade alterna o seu traballo no IES "Concepción Arenal" de Ferrol con labores políticos no Concello de Pontedeume, onde reside.

Ao longo de máis dunha década centra os seus esforzos na análise da obra literaria e política de Castelao, referente que figurará para a súa obra ensaística. Así mesmo, foi un dos integrantes do comité científico encargado da publicación da Historia da Literatura Galega (AS-PG - A Nosa Terra) en 1996. Ademais desenvolve un intenso labor impartindo charlas e participando en diversos congresos, seminarios e xornadas.

Políticamente foi escollido concelleiro en Pontedeume polo BNG nas locais de 1995, e revalidou o seu asento como concelleiro en 1999, 2003, 2007 e 2011 como cabeza de lista dos nacionalistas. Ademais, entre 1999 e 2007 tivo responsabilidades de goberno en executivos liderados polo candidato do PSdeG-PSOE, Belarmino Freire. En decembro de 2011 anunciou que deixaba a vida municipal[1].

ObrasEditar

EnsaioEditar

EdiciónsEditar

  • A Narrativa de Castelao. Antoloxía, (editor), 1997, AS-PG/A Nosa Terra.
  • Sempre en Galiza (Antoloxía), (editor), 1997, AS-PG/A Nosa Terra.

Obras colectivasEditar

  • Literatura Galega. Século XX, 2001, A Nosa Terra.
  • Literatura Galega: Da Idade Media ao Século XIX, 2002.

NotasEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar