Belarmino Freire Bujía

político galego

Belarmino Freire Bujía é un funcionario e político galego do PSdeG que foi alcalde de Pontedeume durante 5 lexislaturas.

Belarmino Freire Bujía
Nacementoséculo XX
Lugar de nacementoPontedeume
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Funcionario da Xunta de Galicia, foi escollido alcalde de Pontedeume por primeira vez nas eleccións municipais de 1987, repetiu parecido resultado nos comicios de 1991, 1995, 1999 e 2003, aínda que sempre lle compreu o apoio doutras formacións políticas como PSG-EG, CPG ou BNG[1] para formar goberno.

No seu penúltimo mandato, a corporación que dirixía Freire concedeulle unha licenza a un veciño para edificar na costa. A liorta chegou aos tribunais e en 2015, cando xa non era alcalde, o xuíz Vázquez Taín condenouno a seis meses de cárcere e sete anos de inhabilitación para emprego público[2]. Non tivo que ingresar en prisión.

Ao cesar na alcaldía reincorporouse no seu posto de funcionario do Sergas[3].


Predecesor:
Celestino Sardiña Fernández
  
Alcalde de Pontedeume
 
1987 - 2007
Sucesor:
Gabriel Torrente Piñeiro

Notas editar

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 12/03/2016. Consultado o 05/03/2013. 
  2. Antón, B. (2015-09-24). "Prisión para el exalcalde eumés por unas licencias del 2001". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2023-01-12. 
  3. Pita Parada, Rocío (2009-09-27). "«En Pontedeume me siguen llamando alcalde»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2023-01-12. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar