Manuel Iglesias Constenla

mestre e político galego

Manuel Iglesias Constenla, nado en Barro o 15 de xuño de 1893,[1] foi un mestre e político galego.

Infotaula de personaManuel Iglesias Constenla
Biografía
Nacemento15 de xuño de 1893 Editar o valor em Wikidata
Barro Editar o valor em Wikidata
Morteséculo XX Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeLourdes Rodríguez Tovar Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Estudou Maxisterio na Escola Normal de Pontevedra. Foi nomeado mestre interino de Xesta (A Lama) en decembro de 1924.[2] Aprobou as oposicións e foi nomeado mestre de Noalla en abril de 1925.[3] En xaneiro de 1936 foi elixido presidente de Izquierda Republicana de Sanxenxo.[4] Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi suspendido de emprego e soldo e detido. Xulgado en Pontevedra por auxilio á rebelión o 19 de xaneiro de 1937 na causa 832/36 co tamén mestre Estanislao Víctor Torres Pérez,[5] foi condenado a cadea perpetua. Preso primeiro en San Simón, foi trasladado á Prisión de San Cristóbal (Pamplona) o 15 de xullo de 1937, onde permaneceu ata o 25 de abril de 1939 cando o trasladaron á Prisión de Figueirido (Pontevedra). Como resultado do proceso de depuración, foi separado do servizo e dado de baixa na escala.[6] En liberdade provisional, traballou como administrativo no balneario da Toxa.[7]

Vida persoal editar

Casou en Arbo coa tamén mestra Lourdes Rodríguez Tovar en 1930.[8]

Notas editar

  1. Primer escalafón de maestros de escuelas nacionales existentes en 31 de diciembre de 1933. Madrid: Ministerio de Instrucción Pública y Bellas Artes. 1934. p. 40. 
  2. Galicia Nueva, 21-12-1924, p. 3.
  3. El Diario de Pontevedra, 14-4-1925, p. 2.
  4. El País, 17-1-1936, p. 1.
  5. El Progreso, 19-1-1937, p. 3.
  6. El Noticiero Gallego, 25-6-1940, p. 4.
  7. El Pueblo Gallego 14-2-1958, p. 4.
  8. El Eco del Condado, 10-5-1930, p. 2.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar