Estanislao Víctor Torres Pérez

mestre e político galego

Estanislao Víctor Torres Pérez, nado en Meaño o 21 de xullo de 1892,[1] foi un mestre e político galego.

Infotaula de personaEstanislao Víctor Torres Pérez
Biografía
Nacemento21 de xullo de 1892 Editar o valor em Wikidata (131 anos)
Meaño, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre , político Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Foi mestre de Ansemil (Celanova) en 1927,[2] e despois do pósito de Vilalonga (Sanxenxo). Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi suspendido de emprego e soldo e detido. Xulgado en Pontevedra por auxilio á rebelión o 19 de xaneiro de 1937 co tamén mestre Manuel Iglesias Constenla,[3] foi condenado a cadea perpetua. Preso primeiro en San Simón, foi trasladado á Prisión de San Cristóbal (Pamplona) o 15 de xullo de 1937, onde permaneceu ata o 14 de marzo de 1939 cando o trasladaron á Prisión de Figueirido (Pontevedra).

Notas editar

  1. Primer escalafón de maestros de escuelas nacionales existentes en 31 de diciembre de 1933. Madrid: Ministerio de Instrucción Pública y Bellas Artes. 1934. p. 86. 
  2. El Diario de Pontevedra, 11-7-1927, p. 3.
  3. El Progreso, 19-1-1937, p. 3.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar