Ansemil, Celanova
Santa María de Ansemil é unha parroquia do concello ourensán de Celanova na comarca da Terra de Celanova. No ano 2010 tiña 130 habitantes (67 homes e 63 mulleres) distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 15 habitantes en relación ao ano 2000.
Ansemil | |
---|---|
Igrexa de Santa María de Ansemil | |
Concello | Celanova[1] |
Provincia | Ourense |
Poboación | 106 hab. (2017) |
Entidades de poboación | 5[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
XeografíaEditar
É un claro exemplo de dispersión xeográfica minifundista, formada por varias aldeas que teñen á parroquia como vínculo de unión. O minifundio levou consigo o abandono das terras de cultivo, polo que actualmente apenas resisten algúns rabaños de ovellas basicamente para o autoconsumo. É salientable este desaproveitamento que se fai das terras de labradío xa que é unha zona moi fértil ó abundar as fontes e os regatos. Ademais o río Orille discorre polo leste da parroquia formando unha fronteira natural co concello da Bola.
EconomíaEditar
A súa maior actividade económica céntrase no polígono industrial de Celanova situado ó carón da aldea da Lama. Nel destaca a venda e mecánica de automóbiles, os almacéns de alimentos e a manufactura de coellos. Na parroquia tamén existen outras actividades económicas como son a avicultura, a carpintería e a venda de materiais da construción. Por último tamén é de destacar a rehabilitación da reitoral de Ansemil como casa rural sendo unha das poucas ofertas de hospedaxe do concello de Celanova.
FestasEditar
As festas patronais son o 15 de agosto mais a súa celebración varía uns días pola coincidencia coas festas de San Roque do concello de Celanova.
Galería de imaxesEditar
Lugares e parroquiasEditar
Lugares de AnsemilEditar
Lugares da parroquia de Ansemil no concello de Celanova (Ourense) | |
---|---|
Ansemil | Barrio | Feal de Ansemil | A Lama | Sambades |