Lourdes Rodríguez Tovar
mestra galega
María Lourdes Rodríguez Tovar, nada o 27 de setembro de 1902[1] e finada no Grove en febreiro de 1958,[2] foi unha mestra galega.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 27 de setembro de 1902 Provincia de Pontevedra, España |
Morte | febreiro de 1958 (55 anos) O Grove, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | mestra |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Cónxuxe | Manuel Iglesias Constenla |
Traxectoria editar
Estudou Maxisterio na Escola Normal de Pontevedra. Foi mestra interina de Viascón en marzo de 1926,[3] e ese mesmo ano aprobou as oposicións.[4] Foi destinada a escola das Felgueiras (A Capela) en xullo de 1927,[5] ao ano seguinte a Bermés (Lalín),[6] e logo do seu matrimonio con Manuel Iglesias Constenla para a escola de Noalla, pola quenda de consortes. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 sufriu expediente de depuración.[7]
Vida persoal editar
Casou en Arbo co tamén mestre Manuel Iglesias Constenla en 1930.[8]
Notas editar
- ↑ Primer escalafón de maestras de escuelas nacionales existentes en 31 de diciembre de 1933. Madrid: Ministerio de Instrucción Pública y Bellas Artes. 1934. p. 50.
- ↑ El Pueblo Gallego, 14-2-1958, p. 9.
- ↑ El Progreso, 23-3-1926, p. 2.
- ↑ El Progreso, 19-5-1926, p. 2.
- ↑ El Diario de Pontevedra, 29-7-1927, p. 2.
- ↑ El Noticiero Gallego, 18-6-1928, p. 2.
- ↑ Expediente de depuración María Lourdes Rodríguez Tovar
- ↑ El Eco del Condado, 10-5-1930, p. 2.