Manuel Hermida Balado
Manuel Hermida Balado, nado en Ourense o 11 de xuño de 1899 e finado en Monforte de Lemos o 14 de setembro de 1988, foi un xornalista e escritor galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 11 de xuño de 1899 Ourense, España |
Morte | 14 de setembro de 1988 (89 anos) Monforte de Lemos, España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, escritor |
Membro de | |
Familia | |
Pai | Manuel Hermida Vázquez |
Traxectoria
editarFillo de Manuel Hermida Vázquez. Criouse na vila de Monforte de Lemos, estudou no Colexio dos Escolapios. En 1917 iniciou as súas colaboracións xornalísticas escribindo crónicas para La Voz de Madrid e La Voz de Galicia dende Marrocos, onde cumpría o servizo militar. Ao seu regreso a Monforte de Lemos ocupou os cargos de redactor xefe do xornal Alborada e de director da revista La Semana; logo pasou á redacción de El Pueblo Gallego, e á de La Región, e en 1932 estableceuse en Madrid, onde foi representante da fábrica de perfumería Dana e redactor da revista Galicia. Residiu en Madrid ata a súa morte.
Como xornalista colaborou tamén noutros periódicos e revistas como Blanco y Negro, ABC, El Español, La Estafeta Literaria, Vida Gallega, Fotos etc. Foi o cronista oficial de Monforte de Lemos, o primeiro en exercer este cargo,[1][2] e membro correspondente da Real Academia da Historia. Nos seus últimos anos colaborou en Hispania Nostra e La Voz de Galicia. Finou en Monforte de Lemos o 14 de setembro de 1988 aos 89 anos.[3]
Obras
editar- Vida del VII conde de Lemos, 1948.
- La condesa de Lemos y la corte de Felipe III, 1950.
- Lemos: pequeña historia de un lugar con mucha historia, 1969.
- Monforte de Lemos, 1987.
Recoñecementos
editarUnha rúa de Monforte de Lemos leva o seu nome.
Vida persoal
editarCasou en Monforte de Lemos con Purificación de la Fuente López en outubro de 1933,[4] e foi pai de María Elena Hermida de la Fuente.
Notas
editar- ↑ Troyano Viedma, José Manuel. "Cronistas oficiales de las comunidades autónomas de Cantabria, Cataluña, Extremadura y Galicia (España)". Real Asociación Española de Cronistas Oficiales (en castelán).
- ↑ "Un cargo creado hace 57 años que hasta ahora sólo ha sido ocupado por tres personas". La Voz de Galicia (en castelán). 13 de setembro de 2006.
- ↑ La Voz de Galicia, 15-9-1988, p. 56, 60.
- ↑ La Voz de Galicia, 6-10-1933, p. 9.
Predecesor: - |
Cronista de Monforte de Lemos 1948 - 1988 |
Sucesor: José Luis Balado Pérez |