Manuel Fontoira Surís
Manuel Fontoira Surís, nado en Pontevedra o 27 de novembro de 1938 e finado na mesma cidade o 28 de xaneiro de 2006, foi un médico e político galego, da UCD.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 27 de novembro de 1938 Pontevedra, España |
Morte | 28 de xaneiro de 2006 (67 anos) Pontevedra, España |
Senador de España | |
15 de xuño de 1977 – 2 de xaneiro de 1979 Circunscrición electoral: Pontevedra | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Sevilla |
Actividade | |
Ocupación | político, médico |
Familia | |
Pai | Manuel Fontoira Peón |
Irmáns | Rafael Fontoira Surís |
Traxectoria
editarFillo dunha familia de médicos, estudou Medicina na Universidade de Santiago de Compostela, e licenciouse na Universidade de Sevilla, onde se especializou en pediatría. Continuou a súa formación en Bruxelas e en Madrid, onde traballou no Hospital Infantil La Paz. Volto xa a Galicia, en 1970 foi nomeado xefe de pediatría do Hospital Provincial de Pontevedra. En 1973 foi nomeado para o mesmo posto no Hospital Montecelo, onde traballou ata o seu falecemento. Ao mesmo tempo, e en paralelo, exerceu a docencia na facultade de Medicina de Santiago.
Participou na vida política figurando como candidato ao Senado pola provincia de Pontevedra nas primeiras eleccións xerais da democracia, cando foi escollido para a Cámara Alta en representación da UCD. Só foi senador na lexislatura constituínte, e non se presentou á reelección.
Abandonada a política regresou plenamente á vida médica, e doutorouse en 1982 pola Universidade de Santiago de Compostela cunha tese sobre a resposta evocada somatosensorial. Foi membro de honra da Asociación Española de Pediatría e da Sociedade de Pediatría de Galicia.
Obra
editar- Exégesis de la tauromaquia para iniciar aficionados, 1997.
- El diagnóstico en pediatría clínica, 2000
- Pediatría social y puericultura en atención primaria, 2006
Vida persoal
editarO seu pai foi o pediatra Manuel Fontoira Peón, e o seu fillo é o neurofisiólogo Manuel Fontoira Lombos.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Barrera, Feliciano, ed. (2002). "Fontoira Surís, Manuel". Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego. ISBN 84-8064-113-4.