Manuel Díaz González (guerrilleiro)

guerrilleiro galego


Manuel Díaz González, nado en Cereixa, A Pobra do Brollón, o 29 de agosto de 1933[1] é un chofer, guerrilleiro, militar e político galego retirado, que loitou en Sierra Maestra no Movemento do 26 de xullo liderado por Fidel Castro e que, tralo triunfo da Revolución cubana, alcanzou o grao de coronel nas Forzas Armadas Revolucionarias e participou na fundación do Partido Comunista de Cuba, do que formou parte do seu Comité Central durante uns 20 anos.

Infotaula de personaManuel Díaz González
Biografía
Nacemento29 de agosto de 1933 Editar o valor em Wikidata (90 anos)
Cereixa, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónchofer , oficial , guerrilleiro , político Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Comunista de Cuba Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Orixes editar

Seu pai, José María Díaz Rodríguez, era un campesiño de Cereixa, militante do PCE, que coñecera en Cuba a Flor Marina Fernández Carpio, filla de españois, e volvera con ela a Galicia ao inicio da Segunda República. Aí tiveron tres fillos: Manuel, Faustino e José "Pinín".[2] O pai participou na Fronte Popular como concelleiro e co inicio da guerra foi detido polos falanxistas e logo liberado. En 1951 a familia emigra a Cuba, instalándose primeiro na vila da nai, Dos Palmas, no Oriente, e máis tarde en Santiago de Cuba.[2]

Alí Manuel desempeñou diversos traballos ata que conseguiu un emprego como chofer do arcebispo de Santiago de Cuba, o tamén galego Enrique Pérez Serantes. Nesa cidade estaba Frank País comandando o Movemento do 26 de xullo, que loitaba contra a ditadura de Fulgencio Batista, polo que eran frecuentes as detencións a mozos sospeitosos de pertencer ao movemento e non foi difícil para Manuel Díaz adoptar conciencia política.[2] Ademais seus irmáns xa militaban no grupo insurxente.

Sierra Maestra editar

A principios de 1958, deixou o traballo no arcebispado e partiu a Sierra Maestra, onde se puxo inicialmente ás ordes do comandante Juan Almeida na Terceira Fronte, baixo o mando do capitán Guillermo García Frías.

A finais de maio o seu grupo recibiu a orde de trasladarse ao campamento do Che Guevara, en La Mesa. De camiño encontráronse co Batallón 11 do Exército Cubano, dirixido polo tenente coronel Ángel Mosquera Sánchez e tras un enfrontamento Manuel Díaz foi gravemente ferido cun morteiro que lle atravesou un pulmón. Foi trasladado a unha casa onde foi operado polo médico, tamén de orixe galega, Óscar Fernández Mel. Poucos días despois tiveron que partir, pois o exército aproximábase, e chegaron ao campamento do Che. Manuel continuou combatendo ata que case ao final da guerra, o xa comandante García Frías ordenoulle deixar a loita e organizar unhas escolas rurais.[2] Durante un dos combates, o 5 de agosto, caeu morto o seu irmán "Pinín". Nos primeiros días de 1959, formou parte da caravana triunfal coa que Fidel Castro e os demais revolucionarios entraron na Habana.

Despois do triunfo da Revolución editar

Tras o triunfo da Revolución, Fidel chamouno ao seu encontro e púxolle como misión ir a Checoslovaquia a estudar a carreira militar. Partiu en 1960 e ao seu regreso foi nomeado Xefe de I Brigada de Artillaría de Campaña e, durante a crise dos mísiles, ascendido a comandante. Foi elixido membro do Comité Central do Partido Comunista de Cuba no seu I Congreso, e formou parte de dito comité dúas décadas.[1]

En 1982 foi destinado a Angola para participar na Operación Carlota, a intervención militar de Cuba na guerra civil angolana, na que tiña como obxectivo reforzar as forzas do MPLA. Pola súa actuación internacionalista recibiu a Medalla Antonio Maceo.[2] Retirouse en 1990 co grao de coronel.[1][3]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 "El tramo más impresionante de mi vida como chofer" (en castelán). 7 de xaneiro de 2012. Consultado o 17 de setembro de 2019. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Pérez Leira, Lois. "Crónicas de la Revolución Cubana: MANUEL DíAZ". Consultado o 17 de setembro de 2019. 
  3. "El último gallego de Sierra Maestra". La Voz de Galicia (en castelán). 28 de abril de 2007. Consultado o 17 de setembro de 2019. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Bibliografía editar