Guerra civil angolana

A guerra civil angolana, iniciada o 11 de novembro de 1975 e rematada o 4 de abril de 2002, foi o conflito armado máis longo de África, e un dos máis longos condicionados polo contexto da guerra fría.

Situación do conflito antes da intervención cubana a mediados dos setenta. Durante ese período, a UNITA logrou controlar a maior parte do territorio, pero o goberno do MPLA sempre mantivo Luanda baixo o seu control.

Librouse como unha escalada da guerra da Independencia de Angola, de 1961 a 1974, que enfrontou a varios movementos angolanos antagonistas, e aos sus respectivos aliados, pero acabou de maneira inmediata no proceso de descolonización, de 1974 a 1975, que agudizou e amplificou o conflito.

O conflito de Angola enfrontou ao goberno do MPLA e aos seus aliados, Cuba e a SWAPO, que loitaba pola independencia de Namibia, contra a UNITA, a FNLA, Suráfrica e Zaire. Os primeiros recibiron apoio de asesores e material soviético, e os segundos asesores e material dos Estados Unidos e de Israel, ademais de mercenarios occidentais.

A contenda comezou polo rexeitamento do MPLA e da FNLA a compartiren o poder, arrastrando logo á UNITA, pero perpetuouse polo apoio internacional a cada un de ambos os bandos, e retomou na súa segunda fase —despois da retirada cubana— pola negativa de Jonás Savimbi a aceptar os resultados electorais de 1992. A guerra terminou só tras da morte deste, deixando polo menos 3 500 mortos, catro millóns de refuxiados e uns 100 000 mutilados, especialmente polas minas antipersoa.[1]

Antecedentes: a codiciada Angola

editar

O territorio hoxe ocupado por Angola comezou a ser unha posesión valiosa para os europeos cando os portugueses asentáronse nas súas costas para utilizalas como bases na súa circunvalación de África cara á India e ás illas das especias. Especialmente cando os neerlandeses comezaron a poboar a súa Colonia do Cabo.

O repartimento de África: a Conferencia de Berlín

editar

Aqueles asentamentos dos navegantes portugueses foron esgrimidos por Lisboa durante a Conferencia de Berlín (1884-1885) para obter as colonias de Angola e Mozambique máis outras posesións menores. Inicialmente, a pretensión lusitana consistía en unir ambas as dúas colonias por terra; intención nada novedosa porque o mesmo trataban de realizaren a Gran Bretaña —co seu proxectado ferrocarril de O Cairo ao Cabo—, ou Francia, coa súa tamén proxectada liña Dakar-Djibuti. Pero todos estas iniciativas foron impedidas pool chanceler alemán Otto von Bismarck que perseguía, como segunda meta da Conferencia, dividir o máis posíbel as colonias, para facelas máis difíciles de defenderen. Deste xeito obrigaría ás potencias europeas a movilizaren máis soldados, especialmente aos países que se prevía que despois serían inimigos do Imperio alemán na chamada Gran Guerra.[2]

A Entente Cordiale, a Tripla Entente e a I Guerra Mundiial

editar

Antes incluso de comezar a primeira guerra mundial alemáns e británicos tiñan un plan secreto para repartir entre eles Angola e outras posesións portuguesas e belgas sen recorreren á forza. Deste modo ambas as nacións sairían beneficiadas e non sería necesario levar a guerra ao Continente europeo, e que os negros africanos puideran darse de conta de que os brancos estaban tan desunidos e se mataban entre eles coa mesma saña que calquera outra raza.[3]

Pero Portugal entrou no conflito ao lado da Tripla Entente e conservou as súas posesións en África. Ao contrario que Alemaña, despoxada de todas as súas tras o Tratado de Versalles. Entre elas, a África do Suroeste alemá, ocupada pola Unión Surafricana de forma temporal, pero que sempre intentou que fose permanente e, o que foi unha das causas da guerra.

Os movementos independentistas

editar

A guerra da Independencia

editar

Forzas en conflito

editar

O comezo do conflito

editar

Comeza a maior guerra da África subsahariana

editar

Contra Suráfrica e a UNITA

editar

A UNITA reanuda a guerra unilateralmente

editar

Conclusións da guerra

editar
  1. Caranci, Carlos (xuño de 2002): "Angola: termina la guerra de Savimbi el irreductible", nº 44 de La aventura de la Historia, Arlanza Ediciones, Madrid. ISSN 1579-427X.
  2. Vilar, Juan (novembro de 2004): "Berlín 1884, el reparto", nº 73 de La aventura de la Historia, Arlanza Ediciones, Madrid, ISSN 1579-427X.
  3. Caranci, Carlos (xaneiro de 2007): "La guerra del amo blanco, epopeya alemana en Camerún", nº 99 de La aventura de la Historia, Arlanza Ediciones, Madrid, ISSN 1579-427X.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Stockwell, John (1990): The Praetorian Guard: The US Role In The New World Order. South End Press. ISBN 0-8960-8395-0.
  • Stockwell, John (1984): In Search of Enemies: A CIA Story. W. W. Norton & Co Inc. ISBN 0-3930-0926-2.
  • Schmid, Alex & Jongman, Albert (2005): Political Terrorism: A new guide to actors, authors, concepts, data bases, theories and literature. Transaction Books. ISBN 978-1-4128-0469-1.
  • Mutua, Makau (2002): Human Rights: A Political and Cultural Critique. Filadelfia: University of Pennsylvania Press. ISBN 978-0-8122-3653-8.
  • Alexander Mayer-Rieckh & Pablo de Greiff (2007): Justice as Prevention: Vetting Public Employees in Transitional Societies. Nova York: SSRC. ISBN 978-0-9790-7721-0.
  • Schraeder, Peter J. (2004): African politics and society: a mosaic in transformation. Belmont: Thomson/Wadsworth. ISBN 978-0-5345-6769-9.
  • Roger Kibasomba (2003). "A Falling State: The Democratic Republic of Congo". Governing Insecurity: Democratic Control of Military and Security. Establishments in Transitional Democracies. Londres: Zed Books. Edición: Gavin Cawthra & Robin Luckham. ISBN 978-1-84277-149-5.

Ligazóns externas

editar