Manel Navarro

Manel Navarro Quesada, nado en Sabadell o 7 de marzo de 1996, é un cantante, guitarrista e compositor catalán. Foi elixido en Objetivo Eurovisión,[1][2] para representar a España no Festival da Canción de Eurovisión 2017 que tivo lugar na cidade de Kíiv (Ucraína). O tema escollido foi "Do It for Your Lover", que obtivo o último posto no festival, obtendo soamente 5 puntos do televoto outorgados por Portugal.[3][4][5]

Manel Navarro
Manel Navarro Kyiv 2017.jpg
Navarro no 2017.
Nome completoManel Navarro Quesada
Nacemento7 de marzo de 1996 (26 anos)
OrixeCataluña Sabadell, Cataluña
OcupaciónCantante, cantautor
XéneroPop, tropical house
Instrumento(s)Guitarra e voz
Selo(s) discográfico(s)Sony Music Entertainment
Na rede
IMDB: nm7098236 Facebook: ManelNavarroOficial Twitter: ManelNMusic Instagram: manelnmusic Spotify: 2JPHexLGEM1hT0Jli8rztQ iTunes: 1224779135 Musicbrainz: b084d62f-9f17-429e-89fd-0c8840b741b3 Discogs: 5718920 Deezer: 7167874 Genius: Manel-navarro Editar o valor em Wikidata

TraxectoriaEditar

Comezos e debut profesionalEditar

Dende neno interesouse pola música. Os seus referentes musicais son Ed Sheeran, The Rolling Stones e o DJ Kygo entre outros. Foi o seu pai quen lle regalou a súa primeira guitarra ós 14 anos de idade.

Como xéneros musicais referentes son o pop e o tropical house. Tamén se inspira na música de James Bay, Ben Howard, Hozier ou Passenger, todos eles de tradición británica con cancións en inglés. Iniciou a súa carreira en solitario como afeccionado subindo versións ás súas redes sociais.

No 2014 deuse a coñecer despois de gañar a segunda edición do concurso autonómico para novos talentos musicais Teen Star[6][7] coa súa versión acústica de "Hold on, we're going home", do canadense Drake, que lle permitiu asinar o seu primeiro contrato discográfico con TeenStarRecords e, uns meses despois, fichar[8] pola mesma axencia que impulsou aos grupos Auryn e Sweet California, banda á que acompañou na súa anterior xira "Wonder Tour"[9] encargándose de abrir os seus concertos.[10] Asemade, gravou o primeiro tema da súa autoría debutando como compositor,[11][12] titulado "Brand new day".[13]

No 2016, asinou coa súa actual discográfica, Sony Music Entertainment (SME), e lanzou o seu primeiro sinxelo, "Candle".[14] En xaneiro de 2017, lanzou o seu segundo sinxelo, "Do it for your lover", un tema pop composto tamén por el mesmo, entrando[15][16] na lista dos 40 Principais, acadando o posto número 19, sendo considerado como unha das figuras emerxentes para 2017.[17][18] O día da celebración do festival atopábase no último posto na lista dos 40.[19]

Objetivo Eurovisión 2017Editar

O día 12 de xaneiro foi seleccionado en Eurocasting, como finalista de Objetivo Eurovisión, para representar a España no Festival de Eurovisión 2017 na cidade de Kíiv (Ucraína) xunto a Paula Rojo, Mario Jefferson, Maika Barbero, Mirela Cabero e Leklein.

O 11 de febreiro foi seleccionado para representar a España no Festival de Eurovisión 2017 ao imporse no programa Objetivo Eurovisión aos outros cinco participantes co seu tema "Do It for Your Lover".[20] "Gañou" con 34 puntos do xurado profesional e 23 do televoto (terceira posición), que sumaron un total de 58 puntos. Tras un empate con Mirela Cabero, o xurado volveu votar e optou por Manel como representante de España no festival.[21] Cando rematou a votación, unha parte do público apupou a Manel Navarro. Virginia Díaz, a membro do xurado que elixiu co seu voto a Manel Navarro como representante de España, lamentou a reacción dos partidarios da outra finalista presentes na gala, e asegurou que o procedemento foi xusto. Sobre ela recaeu o "peso" de desempatar aos dous candidatos. A súa decisión estaba clara desde o principio pois, indicou, o pop latino de Mirela "quédalle moi lonxe". Por outra banda, un membro do público levantouse e pegou ao membro do xurado Xavi Martínez, por considerar a súa decisión imparcial ao ser a súa cadea patrocinadora de Manel Navarro desde que se presentou a canción.[22]

Eurovisión 2017Editar

O 13 de maio tivo lugar a final do Festival de Eurovisión saíndo a cantar en 16° lugar. Ó final da canción deu unha nota falsa que puido ser a causante da súa mala puntuación.[23][24][25] O seu desafino infestou as redes sociais de brincadeiras, memes e parodias.[26][27]

A súa participación en Eurovisión considerouse un dos peores resultados de España na historia do concurso, non conseguindo ningún punto dos 42 xurados, que o deixa detrás de Alemaña con 3, e só cinco puntos por parte do televoto.[28]

NotasEditar

  1. "Maika, Manel Navarro, Mario Jefferson, Mirela, Paula Rojo y LeKlein candidatos de 'Objetivo Eurovisión'". 
  2. Agencia EFE. "Conoce a Manel Navarro, uno de los candidatos a Eurovisión". 
  3. "Portugal, responsable de que España no terminara a 0 en Eurovisión". El Diario.es (VerTele) (en castelán). 14 de maio de 2017. Consultado o 2017-05-15. 
  4. "Triunfo histórico de Portugal en Eurovisión; España, por los suelos". Diario ABC (en castelán). 2017-05-14. Consultado o 2017-05-15. El artista catalán no recibió puntos del jurado y los cinco llegaron sólo del público portugués. (O artista catalán non recibiu puntos do xurado e os cinco chegaron só do público portugués.). 
  5. "Eurovisión 2017: Portugal, único país que votó a España, otorgándole cinco puntos". FormulaTV (en castelán). 14 de maio de 2017. Consultado o 2017-05-15. 
  6. Clàudia Bañón. "‘Gent de SBD’. Manel Navarro, guanyador del concurs Teen Star 2: “No vull que em comparin amb ningú”". 
  7. "Manel Navarro, guanyador de Teen Star 2, fa 18 anys!". 
  8. Alejandro Tejeda Rocha. "El artista acaba de fichar por Sony Music y está respaldado por los responsables del éxito de Auryn o Sweet California.". 
  9. Redacción. "El Batel presenta la gira de Sweet California “Wonder Tour”". [Ligazón morta]
  10. Alba RodriiguezCofrade. "Manel Navarro como telonero de Sweet California.". 
  11. ""Brand new day", el debut musical de Manel Navarro". 
  12. Víctor de la Torre. "Manel Navarro debuta con ‘Brand New Day’". Arquivado dende o orixinal o 02 de febreiro de 2017. Consultado o 15 de maio de 2017. 
  13. TeenStarRecords. "Manel Navarro - Brand New Day". 
  14. Sony Music Entertainment. "Nikone, Manel Navarro y Leiva Oficial, ocupando los tres primeros puestos de los temas más virales de España en Spotify.". 
  15. "¡Ed Sheeran, Fangoria y Manel Navarro, candidatos a entrar en la lista!". 
  16. Del 40 al 1. "Manel Navarro ha debutado en la lista más importante del país con DO IT FOR YOUR LOVER (#38) y nos ha enviado este vídeo!". 
  17. Javier Herrero; Agencia EFE. "Dua Lipa, Sampha, Rosalía y Manel Navarro, nuevas figuras musicales de 2017". Arquivado dende o orixinal o 28 de marzo de 2018. Consultado o 15 de maio de 2017. 
  18. "Los nuevos talentos que marcarán la música en 2017". 
  19. "Lista LOS40 de la semana 13 de maio de 2017". Los40. 2017-05-15. Archived from the original on 15 de maio de 2017. Consultado o 2017-05-15. 
  20. "Objetivo Eurovisión - "Do it for your lover" de Manel Navarro". Corporación de Radio e Televisión Española. 13 de xaneiro de 2017. Consultado o 31 de xaneiro de 2017. 
  21. "El corte de mangas de Manel Navarro tras lograr el billete a Eurovisión". ELMUNDO (en castelán). Consultado o 12 de febreiro de 2017. 
  22. "El corte de manga de Manel Navarro, el representante de España en Eurovisión". La Voz de Galicia (en castelán). 12 de febreiro de 2017. Consultado o 12 de febreiro de 2017. 
  23. "Eurovisión 2017 | España, en última posición". RTVE (en castelán). 2017-05-14. Consultado o 2017-05-15. Es la peor clasificación desde Lydia en 1999 El voto del público evitó que se quedase el marcador a cero (É a peor clasificación desde Lydia en 1999. O voto do público evitou que quedase o marcador a cero.) 
  24. Fernández, Lara (14 de maio de 2017). "Así ha sido la 'cutre' actuación de Manel Navarro, gallo incluido, que nos deja en el último puesto". El Español (en castelán). Consultado o 2017-05-15. 
  25. "Manel Navarro, sobre su gallo en Eurovisión: "No me había pasado nunca"". El Huffington Post (en castelán). 15 de maio de 2017. Consultado o 2017-05-15. El cantante Manel Navarro (...) ha revelado que "después del gallo, ya me esperaba un último puesto", si bien cree que esta situación no le afectará profesionalmente. (O cantante Manel Navarro (...) revelou que "despois da desafinación, xa me agardaba o último posto", se ben cre que esta situación non lle afectará profesionalmente.) 
  26. 20Minutos. "Las redes no perdonan y se llenan de memes de Manel Navarro y su 'gallo' en Eurovisión - 20minutos.es". 20minutos.es - Últimas Noticias. Consultado o 2017-05-14. 
  27. Núñez, Darío Manrique (2017-05-14). "Análisis | Manel Navarro, aplastado por la ola". EL PAÍS (en castelán). Consultado o 2017-05-15. El cantante español acaba último en Eurovisión con una actuación anodina, rescatada del previsible olvido por unas notas desafinadas. (...) Una canción intrascendente, como de anuncio de zumo de frutas, sumada a una puesta en escena casi infantil en su buenrrollismo surfero, y el añadido inesperado de un gallo final, apoteósico (O cantante español acaba último en Eurovisión cunha actuación anódina, rescatada do previsible esquecemento por unhas notas desafinadas. (...) Unha canción intrascendente, como de anuncio de zumo de froitas, sumada a unha posta en escena case infantil no seu borrollismo surfeiro, e o engadido inesperado dunha desafinación final, apoteótico). 
  28. "Fracaso histórico de España en Eurovisión: Manel Navarro acaba último con cinco puntos - Ecoteuve.es". 
Predecesor:
"Say Yay!"
Barei
España no Festival de Eurovisión
2017
Sucesor:
"Tu canción"
Alfred e Amaia