«Say Yay!» —en galego: «Di que si!»— é unha canción composta por Barei, Rubén Villanueva e Víctor Púa, e interpretada en inglés por Barei.[1][2] Foi elixida para representar a España no Festival da Canción de Eurovisión de 2016 na gala de Objetivo Eurovisión onde venceu a outros 5 aspirantes. Lanzouse o 25 de xaneiro dese ano, entrando ao número un de descargas dixitais en España (iTunes) na madrugada do día seguinte, só unhas horas despois do seu lanzamento.

España Say Yay!
Barei interpretando a canción nun ensaio durante o Festival da Canción de Eurovisión 2016.
Canción do Festival de Eurovisión 2016
País
Artista(s)
Lingua(s)
Resultados
Posto na Final
22
Puntos na Final
77
Cronoloxía
◄ «Amanecer» (2015)   
«Do It for Your Lover» (2017) ►

O videoclip foi gravado en Madrid, Barcelona, Estocolmo, Londres, A Habana e Miami.

Festival de Eurovisión editar

Objetivo Eurovisión editar

A canción participou na gala Objetivo Eurovisión, celebrada o 1 de febreiro de 2016. A intérprete, Barei, foi elixida polo público español mediante o hashtag #euroapuesta nas súas redes sociais, e foi anunciada entre o seis candidaturas propostas o 29 de decembro de 2015; mentres que a canción estreouse un día despois xunto ás demais cancións do certame. Finalmente, a canción declarouse gañadora da gala con 114 puntos, e sendo así elixida para representar a España no Festival da Canción de Eurovisión de 2016.[3]

A elección desta canción foi motivo de polémica ao ser a primeira que RTVE enviou con toda a letra en inglés desde o seu debut en 1961. O académico da Real Academia Española, José María Merino, cualificou o feito de «disparate».[4] TVE xa incluíu parcialmente este idioma en 1988, 2002, 2007, 2009 e 2014, así como o francés en 1978.

Festival da Canción de Eurovisión 2016 editar

Esta canción foi a representación española no Festival da Canción de Eurovisión 2016.

Non participou en ningunha semifinal, xa que é un país membro do «Big 5» (o grupo de países que pasa directamente á final, sen ter que participar nas dúas semifinais), pero fixo unha actuación extra na Semifinal 1.

Así, a canción foi interpretada en 19º lugar durante a final celebrada o sábado 14 de maio dese ano, precedida por Rusia con Sergey Lazarev interpretando «You are the only one» e seguida por Letonia con Justs interpretando «Heartbeat».[5][6] Finalmente, a canción quedou en 22º posto con 77 puntos.

Formatos editar

Descarga dixital
Say Yay!
N.º Título Duración
1. "Say Yay!"   2:57

Listas editar

Semanais editar

País Lista Primeira semana Posición de ingreso Mellor posición Semanas na mellor posición Semanas na lista Última semana Ref.
  España Top 100 Cancións + Streaming (Promusicae)


29 de xaneiro de 2016 95 36 1 15 Actualmente seguen en lista [7]
Top 50 Cancións (spanishcharts)


31 de xaneiro de 2016 6 3 1 10 25 de maio de 2016 [8]
  Suecia International Federation of the Phonographic Industry (IFPI)


18 de maio de 2016 63 63 1 1 18 de maio de 2016 [9]
  Francia National Syndicate of Phonographic Publishing (SNEP)


18 de maio de 2016 183 183 1 1 18 de maio de 2016 [10]

Notas editar

  1. "Artículo sobre Barei y “Say Yay!”". 
  2. "“Say Yay!”". Arquivado dende o orixinal o 30 de xuño de 2016. Consultado o 18 de maio de 2017. 
  3. "Barei representará a España en Eurovisión con su tema 'Say yay'". 
  4. "José María Merino (RAE) califica de "disparate" que España vaya a Eurovisión con una canción en inglés". 
  5. "We have our first ten finalists". 
  6. "Running order for the 2016 Grand Final revealed". 
  7. "Listas semanales - Promusicae". www.promusicae.es. Historico: Canciones 2016 Semana 11 (PDF) 
  8. spanishcharts.com. "BAREI - SAY YAY!". 
  9. "Guide för Guld- och platinacertifiering" (PDF). IFPI Sweden. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24 de setembro de 2015. Consultado o 18 de maio de 2017. 
  10. "SNEP: Les Disques d'Or". Syndicat National de l'Édition Phonographique. Arquivado dende o orixinal o 15 de xaneiro de 2013. Consultado o 18 de maio de 2017. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Predecesor:
"Amanecer"
Edurne
 
España no Festival de Eurovisión

2016
Sucesor:
"Do It for Your Lover"
Manel Navarro