Mancopsetta
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Actinopterygii
Subclase: Neopterygii
Infraclase: Teleostei
Superorde: Acanthopterygii
Orde: Pleuronectiformes
Suborde: Pleuronectoidei
Familia: Achiropsettidae
Xénero: Mancopsetta
Gill, 1881
Especie: M. maculata
Nome binomial
Mancopsetta maculata
(Günther, 1880)

Mancopsetta é un xénero de peixe osteíctio da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos e familia dos aquiropsétidos que abrangue unha soa especie, Mancopsetta maculata distribuída por augas antárticas e subantárticas.

Taxonomía editar

Xénero

O xénero foi establecido en 1881 polo ictiólogo estadounidense Theodore Gill.[1]

Especie

A especie foi descrita por primeira vez en 1880 polo zoólogo británico de orixe alemá Albert Günther, quen a denominou Lepidopsetta maculata, sendo despois reclasificada dentro do xénero Mancopsetta, polo que o nome válido actual é Mancopsetta maculata (Günther, 1880).

Sinónimos

Ademais de polo nome orixinario, e o actual, ao longo do tempo esta especie foi coñecida polos sinónimos:[2]

  • Achiropsetta slavae Andriashev, 1960
  • Mancopsetta maculata antarctica Kotlyar, 1978
  • Mancopsetta maculata maculata (Günther, 1880)
Etimoloxía

O nome científico Mancopsetta está formado polo adxectivo latino mancus, -a, -um, "manco", e o nome científio Psetta [nome feminino] ("rodaballo"). O nome específico, maculata deriva da forma feminina doutro adxectivo latino, maculātus, -a, -um, "manchado" (derivado de macǔla, -ae, "mancha"). Literalmente: "o rodaballo manco" [aludino á ausencia ou brevidade das aletas pectorias dos membros da familñia dos Achiropsettidae] "manchado".

Subespecies

Na actualidade na especie algúns autores recoñecen, como o SIIT,[3] (non así no WoRMS,[2] nin na FishBase[4]) dúas subespecies:

Características editar

As peincipais caracaterístiocas morfolóxicas deste peixe son:[4]

  • Corpo moi deprimido, de até os 50 cm de lonxitude máxima.
  • A boca é terminal, con ambas as mandíbulas prominentes.
  • É un peixe plano sinistro, é dicir, ambos os ollos están situados no lado esquerdo da cabeza.
  • A aleta caudal está separada das aletas dorsal e anal.
  • A aleta dorsal ten de 112 a 129 raios; e a anal, de 91 a 104.
  • A aletga pelviana do lado ocular é moito máis grande que a do lado cego, e ten 7 raios, contra os 5 raios da do lado cego.
  • A aleta caudal é arredondada.
  • Ningunha das aletas ten raios espiñosois.
  • A liña lateral é recta está ben desenvolvida.

Hábitat e distribución xeográfica editar

É un peixe mariño bentónico, demersal, que vive a profundidades de entre os 100 e os 1.115 m,[6] entre os 37° S e os 67° S, no océano Antártico e no sur do Atlántico e do Índico.[4] Chega polo norte até a plataforma continental e o talude continental da Arxentina, as Malvinas e á illa do Príncipe Eduardo.[7] Tamén fopi rexistrado en Chile.[8]

Os adultos habitan nas plataformas continentais, e as larvas e os xuvenís en augas máis superficiais.[9]

Pesca editar

Mancopsetta maculata é unha especie comercial,. que se pesca activamente no sur dos océanos Atlántico e Índico.[5]

Notas editar

  1. Mancopsetta Gill, 1881 no WoRMS.
  2. 2,0 2,1 Mancopsetta maculata (Günther, 1880) no WoRMS.
  3. Mancopsetta maculata no SIIT.
  4. 4,0 4,1 4,2 Mancopsetta maculata (Günther, 1880) en FishBase.
  5. 5,0 5,1 Lahuerta e Vázquez 2000), p. 79.
  6. Gon, O. (1990): "Bathydraconidae". En O. Gon and P. C. Heemstra, eds. Fishes of the Southern Ocean. Grahamstown, South Africa: J.L.B. Smith Institute of Ichthyology, pp. 364-380.
  7. Heemstra, P. C. (1990).
  8. Nakamura, I.; T. Inada, M. Takeda and H. Hatanaka (1986): Important fishes trawled off Patagonia. Tokyo: Japan Marine Fishery Resource Research Center.
  9. Miller, R. G. (1993): A history and atlas of the fishes of the Antarctic Ocean. Foresta Institute, Nevada.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Heemstra, P. C. (1990): "Achiropsettidae". En O. Gon e P. C. Heemstra, eds.: Fishes of the Southern Ocean. Grahamstown, South Africa: J.L.B. Smith Institute of Ichthyology.
  • Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago: Xunta de Galicia / Termigal. ISBN 84-453-2913-8.
  • Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 978-0-471-25031-7.
  • van der Laan, R.; W. N. Eschmeyer & R. Fricke (2014): "Family-group names of Recent fishes". Zootaxa Monograph 3882 (1): 1-230.

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar