Machina (grupo musical)

Machina é un grupo de hardcore e metal orixinario de Cerceda, na provincia da Coruña. Até o momento levan editados dous EPs e dous LPs.

Machina
Membros de Machina
OrixeCerceda, Galicia Galicia
Períododende 2003
Xénero(s)Hardcore,Metal, Rock, Punk
Selo(s) discográfico(s)ALL THE FAT
MembrosGonzalo Grela
Martín Loureiro
Anxo Eirexas
Ángel Aguiar
Artistas relacionadosNAO, Zënzar, Ruxe Ruxe, BROA

Traxectoria editar

Machina naceu no ano 2003 co nome de Co-Incidencia, naquela época a banda estaba formada por Gonzalo Grela (guitarra), Estefanía Lamas (voz), Mahi Ferradás (batería), Ignacio Grela (guitarra) e César Ríos (baixo).

Xa no 2004 a banda pasou a chamarse Machina e deu varios concertos polo país acompañando a NDNO ou Heredeiros da crus. No 2005 o grupo sufriu cambios na súa formación, quedando integrado por Gonzalo Grela (guitarra), Diego Carreira (batería), David Rivas (baixo) e Ángel Herrero (voz). Ese ano gravaron a súa primeira maqueta chamada S.O.S. MACHINA composta por tres temas. Ademais resultaron gañadores do concurso universitario Campusons.[1] No 2006 a formación volveu cambiar unha vez máis e pasou a quedar formada por Gonzalo Grela (guitarra), Mahi Ferradás (batería), Martín Loureiro (voz) e Anxo Sánchez (baixo). Ese ano continuaron os concertos e acompañaron a Soziedad Alkoholika no seu regreso tras a sentenza absolutoria por apoloxía do terrorismo.

En 2007 entrou Anxo Eirexas na batería no sitio de Mahi Ferradás e publicaron o seu primeiro EP, chamado Acouga e gravado no Estudio Océano coa produción de Javier Abreu. Contou coa colaboración de Bocixa (Zënzar) nun dos temas. Con este primeiro EP comezaron a destacar na escena galega, pero foi no 2009 cando lle deron un pulo a súa carreira xa que foi o ano no que publicaron o seu primeiro LP, Post-Bravú, o cal foi recibido con grande éxito tanto por parte do público como da crítica, e que os levou a tocar nalgúns dos mellores festivais galegos. Este LP foi gravado outra vez nos Océano Estudios de Nigrán coa produción de Javier Abreu e nel aparecen as colaboracións de Xabier Díaz, Mou de Dios ke te crew e Xenderal. No 2010 resultaron gañadores do concurso Cantalingua e foron escollidos por Berri Txarrak para acompañalos nos seus concertos por Galicia.[2]

No 2012 sacaron á luz o seu segundo LP baixo o nome de Ensaio sobre o silencio, gravado en Vigo coa produción de Pablo Iglesias e masterizado por Pelle Henricsson. Contou coa colaboración nun tema de O Leo i Arremecághona!. Nese mesmo ano abandonou o grupo Anxo Sánchez entrando no seu lugar Ángel Aguiar (baixo), e só un ano despois (2013) publicaron o segundo EP A síndrome de Nerón, gravado en POULAND STUDIOS e producido por Iago Pico. Este EP foi o único que non sacaron en formato físico.

Xa no 2014 saíron gañadores dos primeiros Premios Martín Codax da Música na categoría de Metal.[3] Nos dous seguintes anos continuaron coa súa carreira,[4] ata que no 2016 puxeron un alto a súa traxectoria. Tras tres anos de paréntese, en novembro de 2019 anunciaron en redes sociais a súa volta á actividade e un novo disco para 2020.[5]

Membros editar

Formación actual editar

  • Gonzalo Grela (guitarra) 2003-Presente
  • Martín loureiro (voz) 2006-Presente
  • Anxo Eirexas (batería) 2007-Presente
  • Ángel Aguiar (baixo) 2012-Presente

Antigos membros editar

  • Mahi Ferradás (batería) 2003-2005/2006-2007
  • Diego Carreira (batería) 2005-2006
  • Cesar Rios (baixo) 2003-2005
  • Anxo Suárez (baixo) 2006-2012
  • David Rivas (baixo) 2005-2006
  • Estefanía Lamas (voz) 2003-2005
  • Ángel Herrero (voz) 2005-2006
  • Ignacio Grela (guitarra) 2003-2005

Discografía editar

  • S.O.S MACHINA (2005-maqueta)
  • Acouga (2007-EP)
  • Post-Bravú (2009-LP)
  • Ensaio sobre o silencio (2012-LP)
  • A síndrome de Nerón (2013-EP)

Notas editar

  1. "Machina ganó el segundo certamen de rock universitario gallego". La Voz de Galicia (en castelán). 17 de xuño de 2005. Consultado o 8 de novembro de 2020. 
  2. "Machina, premio Cantalingua 2010". Vieiros. 20 de abril de 2010. Consultado o 8 de novembro de 2020. 
  3. "Machina, mejor grupo gallego de metal". La Voz de Galicia (en castelán). 15 de decembro de 2013. Consultado o 8 de novembro de 2020. 
  4. "Machina, el mejor metal gallego, en el Desnorte Rock de A Gudiña". La Región (en castelán). 20 de agosto de 2015. Consultado o 8 de novembro de 2020. 
  5. "O metal galego recupera Machina, unha das súas bandas máis emblemáticas". Nós Diario. 8 de novembro de 2020. Consultado o 28 de novembro de 2019.