Manuel Rei Romeu

político español
(Redirección desde «M. Rei Romeu»)

Manuel Rei Romeu, nado en Vilancosta (Berres, A Estrada) o 3 de marzo de 1964, é un escritor e crítico literario galego.

Manuel Rei Romeu
Nacemento3 de marzo de 1964
Lugar de nacementoBerres
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
Na rede
AELG: 351
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Estudou Filoloxía Galego-Portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela, onde se acrecentará o seu interese polas figuras máis relevantes da literatura galega. Na actualidade alterna o seu traballo no IES "Concepción Arenal" de Ferrol con labores políticos no Concello de Pontedeume, onde reside.

Ao longo de máis dunha década centra os seus esforzos na análise da obra literaria e política de Castelao, referente que figurará para a súa obra ensaística. Así mesmo, foi un dos integrantes do comité científico encargado da publicación da Historia da Literatura Galega (AS-PG - A Nosa Terra) en 1996. Ademais desenvolve un intenso labor impartindo charlas e participando en diversos congresos, seminarios e xornadas.

Politicamente foi escollido concelleiro en Pontedeume polo BNG nas locais de 1995, e revalidou o seu asento como concelleiro en 1999, 2003, 2007 e 2011 como cabeza de lista dos nacionalistas. Ademais, entre 1999 e 2007 tivo responsabilidades de goberno en executivos liderados polo candidato do PSdeG-PSOE, Belarmino Freire. En decembro de 2011 anunciou que deixaba a vida municipal.[1]

Obras editar

Ensaio editar

Edicións editar

  • A Narrativa de Castelao. Antoloxía, (editor), 1997, AS-PG/A Nosa Terra.
  • Sempre en Galiza (Antoloxía), (editor), 1997, AS-PG/A Nosa Terra.

Obras colectivas editar

  • Literatura Galega. Século XX, 2001, A Nosa Terra.
  • Literatura Galega: Da Idade Media ao Século XIX, 2002.

Notas editar

  1. "RENUNCIO Á ACTA DE CONCELLEIRO NO CONCELLO DE PONTEDEUME". arquivo.bng-galiza.org. Arquivado dende o orixinal o 23 de marzo de 2021. Consultado o 2021-03-17. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar