Lume de cobiza

obra literaria de Miguel Anxo Fernández

Lume de cobiza é unha novela negra de Miguel Anxo Fernández Fernández, publicada en abril de 2011. É a cuarta entrega das aventuras do detective de orixe galega residente nos Ánxeles Frank Soutelo.

Lume de cobiza
Autor/aMiguel Anxo Fernández Fernández
CubertaJ. L. Diz
OrixeGaliza
Linguagalego
ColecciónLiteraria nº 296
Xénero(s)Novela negra
EditorialGalaxia
Data de pub.abril 2011
Formatorústica con lapelas
Páxinas284
ISBNISBN 978-84-9865-367-0
Precedido porTres disparos e dous friames
Seguido porBícame, Frank
editar datos en Wikidata ]

Frank Soutelo vén de vacacións en agosto de 2006 a Muros, a casa da súa tía e a súa curmá. Ten unha breve estancia en Madrid por cuestións administrativas, que aproveita para visitar cadros de Goya, Velázquez, Picasso e Vermeer.

Ao chegar a Galiza atópase coa vaga de incendios forestais, e na prensa e na sociedade hai un debate sobre os motivos desta vaga. Impútanse a intereses urbanísticos, ás persoas que traballan na extinción de incendios, e mesmo a motivos políticos.

A súa curmá pídelle que axude a unha amiga de Sanxenxo á que lle morreu o fillo. A autopsia di que morreu de sobredose de heroína, pero a nai e o pai non o cren así. Logo de entrevistar á moza, ao pai e á nai do rapaz, descobre que era un militante ecoloxista, que loitaba contra os intereses urbanísticos do construtor Marcial Dalama.

En Santiago de Compostela reencóntrase cun coñecido dos Ánxeles, o sepultureiro Sugar Jones, que di andar por Galiza como doutor participante nun congreso, pero do que sospeita que está involucrado no roubo dun libro no arquivo-biblioteca da catedral.

Ponse en contacto cunha detective local que a axude no caso, e tamén recibe apoio dun ex-garda civil que rexenta un bar en Muros. Finalmente, logran que un mercenario serbio confese que colaborou na morte do rapaz, provocada pola secretaria do empresario Marcial Dalama.

Narración

editar

Como nas anteriores entregas, o libro é narrado en primeira persoa. Ao estar fóra dos Estados Unidos, Frank Soutelo lamenta non poder facer efectiva a súa licenza de detective nin poder usar armas. Reitera o seu gusto polo sexo, a gastronomía galega e o cinema.

Aproveita para regresar aos sitios xa coñecidos (como a praza do Obradoiro), pero tamén para coñecer novos lugares, como O Carballiño ou Soutelo de Montes, de onde era seu pai. Alí colle tres landras para plantar carballos en California.

A súa relación con Pat Pérez, a súa secretaria, segue parada.

Adaptacións

editar

Está previsto que a novela sexa adaptada ao cinema, nun proxecto dirixido por Ángel de la Cruz[1].

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar
  • Ficha na páxina da editorial.