Luis Chacón

futbolista galego

Luis Rodríguez Chacón, coñecido como Luis Chacón, nado en Pontedeume o 30 de maio de 2000, é un futbolista galego que xoga como dianteiro e extremo esquerdo no Arenteiro, da Primeira División RFEF.

Infotaula de personaLuis Chacón

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento30 de maio de 2000 Editar o valor em Wikidata (23 anos)
Pontedeume, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoDianteiro Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
2016-2023 Racing de Ferrol (dianteiro)60(6)
2019, 2021-cesión Unión Deportiva Somozas 58(10)
2023- Club Deportivo Arenteiro 34(10) Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Formado como futbolista na canteira do Racing de Ferrol, debutou co primeiro equipo con só 16 anos, nun encontro da Segunda División B ante o Somozas. Despois de dous anos e medio máis no xuvenil, nas tempadas 2019/20 e 2020/21 foi cedido ao propio equipo das Somozas, que para entón xogaba xa na Terceira División.[1] Disputou un total de 58 partidos co club, co que marcou 10 goles e disputou unha promoción de ascenso.

Na tempada 2021/22 incorporouse ao primeiro equipo do Racing de Ferrol, na nova Primeira División RFEF.[2] Xogou no primeiro equipo ferrolán dúas campañas, sendo un xogador importante sobre todo na segunda delas, na que o club conseguiu regresar á Segunda División despois de 15 anos de ausencia, tras proclamarse campión do Grupo I de Primeira RFEF. Chacón contribuíu con 29 partidos de liga e 5 goles.[3]

En agosto de 2023 fichou polo Arenteiro, tamén da Primeira Federación.[4]

Notas editar

  1. "Luis Chacón tendrá ficha con el Racing de Ferrol" (en castelán). 24 de agosto de 2021. Consultado o 8 de maio de 2024. 
  2. "De Luisiño a Luis Chacón: visión y paciencia avalan la metamorfosis del jugador del Racing de Ferrol". La Voz de Galicia (en castelán). 19 de marzo de 2023. Consultado o 8 de maio de 2024. 
  3. De la Barrera, Elba (22 de junio de 2022). "Luis Chacón, la incógnita a despejar en el Racing: «Busco profesionalizarme; todo para seguir aquí»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 8 de maio de 2024. 
  4. "Luis Chacón se suma al proyecto del Arenteiro". La Región (en castelán). 24 de agosto de 2023. Consultado o 8 de maio de 2024. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar